Papa Ababacar Bartolome «Baba» Miller, nado en Palma o 7 de febreiro de 2004, é un xogador de baloncesto español que pertence ao cadro de xogadores dos Los Angeles Clippers da NBA. Con 2,09 metros de altura, xoga na posición de aleiro.
Traxectoria deportiva
Primeiros anos Miller naceu en Palma de Mallorca e comezou a súa formación nas categorías inferiores do Bahía San Agustín en 2016. Con apenas 12 anos, incorporouse ás categorías inferiores do Real Madrid, ingresando no equipo infantil B. O xogador foi progresando nas distintas categorías do club, formando parte dos equipos infantil A e de ambos os dous equipos cadetes.
Na tempada 2020-21, Baba formou parte do equipo júnior do Real Madrid, co que lograría o Torneo de Euroleague Basketball Next Generation Tournament xuvenil. Na tempada 2021-22, foi elixido no Quinteto Ideal do Torneo Unelco-Tenerife, no que o Joventut Badalona acadou o triunfo.
O 23 de decembro de 2021, debutou como profesional na Euroliga 2021-22 nunha vitoria por 71-65 sobre PBC CSKA Moscova, disputando 1 minuto e 54 segundos de partido. Na tempada 2021-22, promediou case 12 puntos e máis de 4 rebotes por partido no Adidas Next Generation Tournament, o torneo júnior de Euroliga.
Universidade O 6 de xuño de 2022, ingresou na Universidade Estatal de Florida para disputar a NCAA cos Florida State Seminoles.
Tras dúas tempadas na Estatal de Florida, en maio de 2024 anuncia que non se presentaría ao draft dese ano e que se trasladaría á Universidade Atlántica de Florida, para xogar cos Owls baixo as ordes do adestrador John Jakus.
O 15 de maio de 2025 decidiu ser transferido aos Bearcats da Universidade de Cincinnati. Esa tempada liderou a súa conferencia en rebotes, e foi o primeiro xogador de Cincinnati en liderar ao equipo en puntos, rebotes e asistencias nunha mesma tempada desde Oscar Robertson.
Estatísticas AnoEquipoPXPTMPP%TC%3P%TLRPPAPPROBTPPPPP2022–23Florida State15217.3.474.250.3003.7.8.4.54.32023–24Florida State333224.8.449.293.5574.91.4.91.17.62024–25Florida Atlantic343430.0.486.342.6437.02.7.81.711.32025–26Cincinnati313131.9.529.192.65810.33.7.71.213.0Total1139927.3.490.290.6196.82.3.81.29.8
Profesional O 25 de xuño de 2026 foi elixido polos Angeles Clippers no posto 36 do draft da NBA de 2026. O 6 de xullo anunciouse a súa participación na NBA Summer League cos Clippers, e o 9 dese mesmo mes asina un contrato por catro tempadas e $9,61 millóns.
Selección nacional É internacional nas categorías inferiores da selección española. O 2 de xullo de 2023 gañou o ouro no Mundial Sub-19 celebrado en Debrecen (Hungría).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas na NCAA Ficha en Real Madrid
Categoría:Nados en Palma Categoría:Nados en 2004 Categoría:Los Angeles Clippers Categoría:Draft da NBA Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB