Antonio Orol Pernas, nado no Valadouro o 1 de novembro de 1943 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1991, foi un numismático galego.
Traxectoria Orol Pernas naceu na parroquia de Ferreira, no Valadouro, en 1943."Orol Pernas, Antonio". Enciclopedia Galega Universal (egu.xunta.gal). Logo de cursar estudos superiores na Escola Superior de Dirección de Empresas de Madrid, desenvolveu a súa carreira profesional no ámbito da empresa privada."Antonio Orol Pernas". Gran Enciclopedia de España (gee.enciclo.es).
Paralelamente ao seu labor profesional, Orol Pernas dedicouse moi intensamente á numismática e foi un destacado estudoso desta disciplina, centrando os seus intereses no estudo de importantes coleccións de moedas medievais dos reinos de Castela e León. Ao mesmo tempo, formou unha destacada colección numismática, que foi considerada como unha das máis completas de moedas cuñadas en cecas galegas, e foi autor de numerosos artigos acerca dos seus focos de interese, publicados en revistas especializadas, como Gaceta Numismática, Acta Numismàtica ou Numisma,Listaxe dos seus artigos en Nvmisma (1976-1992). Sociedad Iberoamericana de Estudios Numismáticos (SIAEN.org). e nas actas de diversos congresos numismáticos."Antonio Orol Pernas". Dialnet (dialnet.unirioja.es)."Antonio Orol Pernas". Numista.com Tamén foi autor dunha monografía que é considerada como unha referencia no seu ámbito: Acuñaciones de Alfonso X (1982).Orol Pernas, A. (1982). Acuñaciones de Alfonso IX. Jesús Vico, Madrid. ISBN 978-8485711031
Entre outras entidades e sociedades eruditas, Orol pertenceu á Asociación Numismática Madrileña, entidade na que ocupou a súa vicepresidencia. Tamén foi membro do comité executivo dos Congresos Nacionais de Numismática e secretario da Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos. miniatura|260x260px|Placa do Parque Antonio Orol Pernas en Ferreira, O Valadouro. Antonio Orol Pernas finou en Madrid o 7 de decembro de 1991, aos 48 anos. Na súa memoria, o Concello do Valadouro deulle o seu nome a unha das prazas da localidade.
A venda da Colección Orol En 2025, a casa de poxas madrileña Jesús Vico organizou unha poxa numismática na que se vendeu parte da colección de moedas galegas de Antonio Orol. A Xunta de Galicia exerceu o dereito de tanteo e adquiriu por un importe de 78.200 euros seis destas pezas, que foron declaradas Bens de Interese Cultural."Resolución do 23 de xuño de 2025, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural sete moedas históricas de Galicia". Diario Oficial de Galicia. Nº 119. 24 de xuño de 2025."¿Quién fue Antonio Orol, al que la Xunta le compró en una subasta 6 monedas históricas de gran valor para Galicia, declaradas BIC?". La Voz de Galicia (lavozdegalicia.es).
As moedas —tres tremissis suevos, un tremis visigodo, medio excelente dos Reis Católicos e medio real de Filipe II— ficaron expostas no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense."Seis moedas entre o Reino de Galicia e a Coroa de Castela". Culturagalega.gal
Publicacións
Monografía (1982). Acuñaciones de Alfonso IX. Jesús Vico, Madrid. ISBN 978-8485711031
Escolma de artigos
(1973). "Dos notas de Numismática Medieval: la ceca tres puntos y nueva acuñación de Enrique IV". En Acta Numismàtica. Vol. 3. Páxinas 141-147. (1974). "Ordenación cronológica de las acuñaciones coruñesas de Alfonso XI". En Nvmisma. Nº 120-131. Páxinas 351-360. (1980). "Numismática gallega". En Nvmisma. Nº 162-164. Páxinas 227-242. (1983). "Triente de Recaredo inédito acuñado en Lugo". En Gaceta Numismática. Vol. 68. Páxinas 41-42. (1992). "Acuñaciones compostelanas de Enrique II". En Nvmisma. Vol. 231. Páxinas 33-42. (1992). "Monedas ecuestres de Alfonso VII de Castilla y León. Acuñación conmemorativa labrada en el Reino de Galicia". En Nvmisma. Vol. 231. Páxinas 123-126. (1992). "Gran Enciclopedia Gallega. "Numismática"". En Nvmisma. Vol. 231. Páxinas 153-170. (1992). "Triente de Recaredo, inédito, acuñado en Lugo". En Nvmisma. Vol. 231. Páxinas 177-178. (1992). "Generoso metal gallego". En Nvmisma. Vol. 231. Páxinas 293-295.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia da moeda en Galicia Moeda cuñada en Galicia
Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Nados no Valadouro Categoría:Numismáticos de Galicia Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes