A praia do Tombo do Gato, tamén coñecida como praia da Fonte ou praia do Pincho do Gato, é unha praia galega localizada no municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Trátase dunha praia semiurbana cunha extensión de 150 metros e que conta coa distinción da Bandeira Azul.
Localización e acceso A praia sitúase na parroquia viguesa de Alcabre e fica ao norte da praia de Samil. Pode chegarse a través da avenida de Samil ou ben desde a avenida da Atlántida. As liñas L10, C15A, C15B e 15C de Vitrasa prestan servizo a esta praia. Tamén é posible o acceso peonil a través dun paseo que forma parte do sendeiro azul "Camiño á Beiramar".
Descrición Trátase dunha praia en forma de media lúa. A súa area é fina e de cor branca con tonalidades brancas. Existen afloramentos rochosos nos extremos da praia e nas zonas mergulladas.
Arte e cultura A praia do Tombo do Gato é un dos escenarios principais do documental Begoña Caamaño: navegar no pracer azul, un filme producido pola Real Academia Galega co gallo do Día das Letras Galegas de 2026. Nesta obra, a praia configúrase como espazo da infancia da escritora viguesa Begoña Caamaño.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Alcabre Praia de Samil
Ligazóns externas Praia do Tombo do Gato na web Turismo Rías Baixas Praia do Tombo do Gato na web do Concello de Vigo
Categoría:Bandeira Azul Tombo do Gato