Ana Lena Rivera Muñiz, nada en Oviedo o 3 de maio de 1972, é unha escritora española.

Traxectoria Licenciada en Dereito e Administración de Empresas por ICADE. Despois de dezasete anos de carreira profesional no mundo dos recursos humanos, abandonou o seu posto na alta dirección dunha gran multinacional para dedicarse de cheo á literatura. Estudou técnicas literarias na Escola de Escritores.

A súa primeira novela, Lo que callan los muertos, foi galardoada co Premio Torrente Ballester de Novela.

Foi traducida ao francés e o italiano e leva máis de 250.000 lectores.

Obra

Lo que callan los muertos (2020). Embosillo. Premio Torrente Ballester de Novela. ISBN 9788416087976. Unha novela de misterio ambientada en Oviedo e protagonizada por unha investigadora de fraudes, Gracia Sansebastián. Un asesino en tu sombra (2020). Editorial Maeva. 356 páxs. ISBN 978-8417708771. Segue a investigadora Gracia San Sebastián. Los muertos no saben nadar (2021). Editorial Maeva. 480 páxs. ISBN 978-8418184246. Nesta nova investigación Gracia San Sebastián colabora coa policía. Las herederas de la Singer (2022). Editorial Grijalbo. 522 páxs. ISBN 9788425360978. A historia dunha familia de mulleres ligadas á máquina de coser. La niña del sombrero azul (2024). Editorial Grijalbo. 672 páxs. ISBN 978-8425366765. Homenaxe a todas as mulleres que sempre loitaron por seguir adiante. La casa de huéspedes (2025). Editorial Grijalbo. 567 páxs. ISBN 978-8425365447. En abril de 1935 unha bomba cae nun edificio da Gran Vía de Madrid e vai cambiar a vida de dúas mulleres. Inspirada no hostal que os seus tíos rexentaban en Madrid.

Distincións

Gañadora do XXIX Premio de Narrativa Torrente Ballester pola súa novela Lo Que Callan Los Muertos (decembro de 2017) Notas

Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Nados en 1972 Categoría:Novelistas de Asturias Categoría:Novela negra Categoría:Escritores en lingua castelá