Rosa Ynés Curiel Pichardo, máis coñecida como Ochy Curiel, nada en Santiago de los Caballeros o 15 de marzo de 1963, é unha activista e teórica dominicana do feminismo latinoamericano e caribeño, antropóloga social e cantautora. É portavoz do feminismo autónomo, lésbico, antirracista e decolonial.Curiel Pichardo, O. (2015): “Construyendo metodologías feministas desde el feminismo decolonial”, en I. Mendia Azkue et al., Otras formas de (re)conocer. Reflexiones, herramientas y aplicaciones desde la investigación feminista, Bilbao, UPV/EHU. Díxose dela que «encarna todo o contrahexemónico».

Traxectoria

Doutora en Antropoloxía social, especialista en ciencias sociais e traballadora social, Ochy Curiel é docente da Universidade Nacional de Colombia (UNAL) e da Universidade Javeriana. Como cantautora conta con dúas producións discográficas propias, é parte da batucada feminista en Bogotá, La Tremenda Revoltosa e está no equipo organizador do Festival Globale-Bogotá 2018, miradas críticas e emancipadoras.

Notas

Categoría:Activistas Categoría:Escritores LGTB Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados na República Dominicana Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Colombia