O Club Deportivo Cesantes é un club de fútbol da parroquia redondelá de Cesantes. Fundouse en 1969, e xoga os seus partidos como local no campo da Gándara, no Viso.
Historia O CD Cesantes fundouse en 1969, xusto un ano despois de se fundar o outro equipo que competiu na parroquia de Cesantes, a UD Arenas de San Simón, formado fundamentalmente por mariñeiros da vila.
En 2024 creouse o primeiro equipo sénior feminino.
Escudo e cores O uniforme do CD Cesantes está composto dunha camiseta branca e un pantalón azul. A cor azul tamén reviste en forma de detalles diferentes partes da equipación, como por exemplo ondas do mar en representación da tradición mariñeira da parroquia.
Notas
Categoría:Deporte en Redondela Cesantes