Browning é unha antiga vila do condado de Glacier, Montana, nos Estados Unidos de América. Dende 2018 está definido como lugar designado polo censo (CDP) e é a sede da Nación Blackfeet, sendo a única poboación incorporada na reserva. A poboación era de 1 018 habitantes no censo de 2020.
Recibe o seu nome en 1885 polo comisionario do Bureau of Indian Affairs Daniel M. Browning. A oficina de correos estableceuse en 1895. A vila foi disolta como tal o 26 de setembro de 2018, despois de que o goberno local colapsase financeiramente.
Demografía
Notas
Véxase tamén
Categoría:Xeografía de Montana Categoría:Lugares designados polo censo dos Estados Unidos de América