Françoise Dumas-Dubourg, nada en Bordeos o 14 de outubro de 1932 e finada en París o 21 de marzo de 2024, foi unha arquivista-paleógrafa, bibliotecaria e numismática francesa, conservadora do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia,"Dumas, Françoise (1932-2024)". Bibliothèque natiolale de France (BNF.fr). que presidiu a Sociedade Francesa de Numismática e foi codirectora da Revue Numismatique.
Traxectoria Françoise Dumas, nada en Bordeos o 14 de outubro de 1932, echamada orixinalmente Francoise Therese Bernadette Marie Dubourg,"Dubourg, Francoise Therese Bernadette Marie". MatchID.io filla dun enxeñeiro e neta dun profesor de Dereito, de quen herdou o seu interese pola historia da Borgoña e pola numismática, ademais da súa biblioteca.Bompaire, M.; Morrison, C. (2024).
En 1953 ingresou na École des chartes, en París, onde se graduou como arquiveira-paleógrafa en 1957, cunha tese centrada nas emisións monetarias dos duques de Borgoña entre 1363 e 1477."Décès de Françoise Dumas, née Dubourg (prom. 1957)". École nationales des chartes (chartes.psl.eu)."Le monnayage des ducs de Bourgogne (1363-1477)". En Positions des thèses soutenues par les élèves de la promotion de 1957 pour obtenir le diplôme d'archiviste paléographe. École nationale des chartes, París, 1957. Páxinas 57-64. Alí asistiu aos cursos de Numismática impartidos por Jean Lafaurie, aos que continuou asistindo no curso 1958-1959.
O mesmo ano da súa graduación ingresou como bibliotecaria na Biblioteca Nacional de Francia. Nesta institución estivo vinculada durante dúas décadas ao seu Gabinete de Medallas, no que ingresou como bolseira e posteriormente accedeu ao posto de conservadora. Logo de abandonar o Gabinete en 1977, pasou a dirixir o Servizo de Publicacións da Biblioteca Nacional entre novembro de 1978 e novembro de 1981, cando pasou a suceder a Marguerite Hautecoeur como directora da Biblioteca do Instituto de Francia, co título de conservadora xefa, ata a súa xubilación en 1994. Nesta derradeira etapa no Instituto, levou a cabo unha extensa investigación focalizada na numismática medieval."Françoise Dumas". Numista.com
Logo da súa xubilación foi nomeada conservadora xeral honoraria de bibliotecas, e directora honoraria da biblioteca do Instituto de Francia.
En 1958, Françoise Dumas ingresou na Sociedade Francesa de Numismática (SFN) e a partir do ano seguinte foi xa membro de pleno dereito. Desde os primeiros momentos impartiu numerosas conferencias nesta entidade e colaborou na súa publicación periódica Revue numismatique cun bo número de artigos durante décadas. Entre 1975 e 1977 ocupou a presidencia da Sociedade Francesa de Numismática, e entre 1977 e 1994 formou parte da terna de directores da Revue Numismatique. Finalmente, en 1996 foi nomeada membro honorario da SFN.
Outra das sociedades eruditas ás que pertenceu foi a Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia, onde, despois de ser elixida membro residente en 1987, foi sucesivamente secretaria adxunta, secretaria (1988-1990) e vicepresidenta (2000-2002). Tamén foi membro do Comité de Traballos Históricos e Científicos desde 1981.
François Dumas-Dubourg estivo casada co arquitecto Étienne Dumas, finado en 2000, de quen tomou o apelido. Con el tivo catro fillos, nados entre os anos 1959 e 1972. François faleceu en París o 21 de marzo de 2024, vítima da doenza de Parkinson.
Recoñecementos Ao longo da súa traxectoria académica e profesional, Françoise Dumas foi merecedora de varios recoñecementos, entre eles os seguintes: 1966, 2000: Premio Duchalais, da Académie des inscriptions et belles-lettres."Prix académiques et littéraires (2000)". En Bibliothèque de L'École des chartes. Tomo 159. Nº 2. 2001. París. Páxina 748. 1972: segundo premio Gobert, da Académie des inscriptions et belles-lettres. 1977: Cabaleiro das Palmas Académicas. 1981: Premio da Marquesa de Maillé, á salvagarda da arte francesa."Prix académiques et littéraires". Bibliothèque de l'École des chartes. 142-2. 1984. Páxina 395. 1983: Cabaleiro das Artes e das Letras.
Publicacións Esta é unha escolma dalgunhas das publicacións realizadas por Françoise Dumas-Dubourg ao longo da súa traxectoria:"Dumas-Dubourg, Françoise (1932-)". Persee.fr"Bibliographie numismatique de Françoise Dumas-Dubourg". En Revue Numismatique. Nº 164. 2008. Páxinas 11-19.
Monografías (1971). Le trésor de Fécamp et le monnayage en Francie occidentale pendant la seconde moitié du X e siècle. Bibliothèque nationale, París.Recensión do libro por Pierre Toubert. En Annales. Économies, sociétés, civilisations. 29-6. Ano 29. Nº 6. 1974. Páxinas 1.516-1.520. (1982). Le titre et le poids de fin des monnaies sous le règne de Philippe Auguste (con J. N. Barrandon). CNR, París. ISBN 2-222-03006-4 (1982). La tombe de Childeric, père de Clovis. Bibliothèque nationale, París. ISBN 2-7177-1607-6 (1988). Le monnayage des ducs de Bourgogne. Institut supérieur d'archéologie et d'histoire de l'art, Louvain-la-Neuve.Recensión do libro, por Guerreau Alain, en Annales. Économies, sociétés, Civilisations. Ano 46. Nº 6. 1991. Páxinas 1.331-1.333. (2000). Numismatique médiévale: monnaies et documents d'origine franáise (con M. Bompaire). Brepols. ISBN 9782503509518
Escolma de artigos (1958). “Les monnaies du trésor de Commer”. En Revue Numismatique. 6ª serie. Tomo 1. Páxinas 117-128. (1960). “Les frappes monétaires en Béarn et Basse-Navarre d'après les comptes conservés aux Archives départementales des Basses-Pyrénées”. En Revue Numismatique. 6ª serie. Tomo 2. Páxinas 297-334. (1971). “The British coins in the Gisors (1970) hoard” (con J. D. Brand). En British Numismatic Journal. Vol. 40. British Numismatic Society. Páxinas 22-43. (1980). “Les monnaies normandes (Xe-XIIe siècles) avec un répertoire des trouvailles”. En Revue Numismatique. 6ª serie. Tomo 21. Páxinas 84-140. (2000). “Une énigme monétaire au XIVe siècle : mention d'écu dans un fouage de Normandie en 1374” (con H. Dubois). En Revue Numismatique. Vol. 155. Páxinas 245-260. (2010). "De Philippe Auguste à Charlemagne. Recherches sur l’argent des monnaies en compagnie de Jean-Noël Barrandon”. En Revue Numismatique. Vol. 166. Páxionas 41-50.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bompaire, M.; Morrison, C. (2024). "Décès de Françoise Dumas (1932-2024)". Société française de numismatique (sfnumismatique.org).
Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados en Bordeos Categoría:Finados en 2024 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Alumnos da École des Chartes Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Bibliotecarios Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Finados por párkinson Categoría:Personalidades sen imaxes