dereita|miniatura|Placa na memoria de Alejandro Porto, Avelino Landeira, Jesús Miño e Modesto del Río en Serantes, Ferrol. Jesús Miño Lourido, nado en Ferrol en de 1899 e finado na Frouxeira (Valdoviño) o 3 de febreiro de 1938, foi un mariñeiro e político galego.
Traxectoria Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochadoo. A finais de xaneiro de 1938 foi detido acusado de ter protexido na casa das irmás de Avelino Landeira, Carmen, Felicia e Rosa, ao alcalde republicano de Serantes, Alejandro Porto Leis. Ingresou no Cárcere do Partido, con Alejandro Porto e os outros seus protectores, Avelino Landeira e Modesto del Río. O 2 de febreiro, por disposición do delegado de Orde Pública, foron entregados para “facer dilixencias” ao xefe de Policía e Milicias capitán Pagola, a un oficial de Infantería de Mariña, varios gardas civís e milicianos falanxistas que os pasearon na praia da Frouxeira e os soterraron na area. Declararon que se deran á fuga e que non puideron ser localizados. Aínda que en 2006 se anunciouLocalizan la fosa del último alcalde de Serantes, páxina persoal, reproducindo un artigo de Diario de Ferrol do 24/8/2006 que se descubrira a foxa común onde estaban soterrados, a localización exacta do lugar de soterramento segue sendo descoñecida."El alcalde fugitivo", El País, 4/12/2009 . Dende 2011 existe un monólito conmemorativo dos catro homes executados en Serantes.
Transcendencia A historia recolleuna no documental O segredo da Frouxeira o cineasta Xosé Abad.
Vida persoal
Casou con Encarnación Bouza Bouza e foi pai de Juan, Mercedes e Maruja Miño Bouza.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña
Ficha en Memoria democrática
Categoría:Nados en Serantes Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia