Georg Baur, nado en 1859 e finado en 1898, foi un paleontólogo de vertebrados alemán e neolamarckista que estudou os réptiles das illas Galápagos, particularmente as tartarugas das Galápagos na década de 1890. Probablemente é mellor coñecido pola súa teoría da subsidencia sobre a orixe das illas Galápagos, na cal se postulaba que as illas eran os restos dunha antiga masa de terra que conectaba con América do Sur e a illa do Coco, que despois se afundiu.

Primeira etapa da vida e educación Baur naceu en Weisswasser, Bohemia en 1859. Pasou os seus primeiros anos en Hohenheim preto de Stuttgart. Como seu pai era profesor de silvicultura, Baur inicialmente planeou estudar silvicultura onde seu pai era profesor. Porén, mentres estaba na universidade interesouse pola xeoloxía, paleontoloxía e botánica.

Carreira Antes do seu traballo nas illas Galápagos, Baur foi axudante de Othniel Charles Marsh na Universidade Yale desde 1884 a 1890. Baur emprendeu a expedición ás illas Galápagos en 1891, saíndo de Nova York o 1 de maio, arribando ás Galápagos o 9 de xuño, e abandonando as illas o 26 de agosto cara a Guayaquil, e seguindo a Panamá e de regreso a Nova York. Baur nomeou varias subespecies da tartaruga das Galápagos, incluíndo Chelonoidis nigra guentheri (Baur, 1889) e Chelonoidis nigra galapagoensis (Baur, 1889). Non todas as tartarugas de Baur son taxons que aínda se consideren válidos.

Tamén estudou as tartarugas do sur dos Estados Unidos, nomeando varias especies novas para a ciencia. As seguintes especies e subespecies de réptiles foron nomeadas no seu honor por outros herpetólogos: Kinosternon baurii, Phyllodactylus baurii (un geckónido das Galápagos), Coelophysis bauri e Terrapene carolina bauri.The Reptile Database. www.reptile-database.org.Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. xiii + 296 pp. . ("Baur", p. 19).

Ocupou un posto de docente en osteoloxía e paleontoloxía na Universidade Clark de 1890 a 1892, e despois diso foi profesor e xefe do departamento de osteoloxía e paleontoloxia de vertebrados da Universidade de Chicago ata a súa morte en 1898 á idade de 39 anos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Lefalophodon

Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1898 Categoría:Paleontólogos de Alemaña Categoría:Paleontólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Lamarckismo