A Articulación Nacional de Mulleres Indíxenas Guerreiras da Ancestralidade (en ; ANMIGA) é unha organización nacional de movementos de mulleres indíxenas no Brasil fundada o 8 de marzo de 2021. A ANMIGA une mulleres indíxenas de todos os biomas brasileiros na mobilización social e na articulación política polos dereitos indíxenas e das mulleres. Importantes líderes indíxenas como Sônia Guajajara e Célia Xakriabá forman parte da ANMIGA.

Historia miniatura|420x420px|Marcha das Mulleres Indíxenas, Brasilia, en 2019. A ANMIGA ten as súas raíces nas organizacións locais e rexionais de mulleres indíxenas no Brasil durante a década de 1980, no contexto da articulación política dos movementos indíxenas arredor da Asemblea Constituínte brasileira.

Un fito para a fundación da Articulación foi a primeira Marcha das Mulleres Indíxenas no Brasil, en 2019, en Brasilia. A marcha reuniu máis de tres mil persoas e promoveu actividades exclusivamente para mulleres: encontros, seminarios e grupos de debate, tanto presenciais como en liña. O evento permitiu a articulación de axendas para o movemento de mulleres indíxenas no eido nacional. Pola súa banda, a Marcha foi concibida en 2015, no 15º Campamento de Terras Libres (ATL).

O 8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller, fundouse a ANMIGA mediante o lanzamento do Manifesto das primeiras mulleres brasileiras.Inácio de Oliveira, A. (2021). "As representações do protagonismo indígena feminino na longa duração: das crônicas quinhentistas aos manifestos de cura da Terra". Anais do 31º Simpósio Nacional de História: História, verdade e tecnologia (Simpósio temático Povos Indígenas, Gênero e Violências: histórias marginais).

Segundo Braulina Baniwa, a ANMIGA é "o resultado da mobilización das mulleres por espazos de voz e expresión". Segundo ela, a Articulación xurdiu da necesidade de representación nacional para a política feminista indíxena, no mesmo molde que a Articulación dos Pobos Indíxenas do Brasil (APIB).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fundación Nacional dos Pobos Indíxenas

Categoría:Organizacións polos dereitos indíxenas do Brasil