Georges Gautier, nado o 19 de agosto de 1938"Gautier, Georges". Bibliothèque nationale de France (BNF.fr). e finado en Bouzigues, Hérault, o 23 de febreiro de 2026, foi un diplomático e numismático francés, que presidiu a Sociedade Francesa de Numismática.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Nado en 1938, Georges Gautier estudou na Facultade de Dereito da Universidade de París e na Escola Nacional de Linguas Orientais Vivas, e tamén asistiu a clases na Escola do Louvre.Villemur, P.; Amandry, M. (2006). "Décès de Georges Gautier, ancien président de la SFN (1938-2026)". Société française de numismatique (Sfnumismatique,org).
Diplomático En 1966 incorporouse ao Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia e iniciou unha carreira diplomática de máis de tres décadas, que o levou a ser cónsul xeral de Francia en Tunisia (1989-1991) e en Londres (1991-1995), e finalmente embaixador extraordinario e plenipotenciario de Francia en Omán (1995-2000).Schmitt, L. (2026).
Numismático Impulsado polos seus destinos profesionais e polo seu coñecemento da lingua árabe, Gautier introduciuse inicialmente no estudo da numismática islámica, un interese que posteriormente ampliou á moeda da Antiga Roma, da man do profesor Pierre Bastien, a quen coñeceu en París. Destacan particularmente os seus estudos sobre a ceca de Roma durante o período da Tetrarquía, e acerca dos obradoiros monetarios imperiais de Lugdunum, Tréveris e Alexandría.
En 1978 ingresou na Sociedade Francesa de Numismática, patrocinado por Hélène Huvelin e o propio Pierre Bastien. Nesta entidade pasou a ser membro de pleno dereito en 1984, e en 1999 incorporouse ao seu consello de administración, daquela presidido por Christian Augé. En 2003 foi elixido vicepresidente e finalmente exerceu a presidencia da entidade entre 2006 e 2009."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org). En 2013 foi nomeado membro honorario.
A acumulación dun salientable corpus de documentación e de reproducións de moedas en plastilina ao longo da súa carreira supuxo unha notable contribución para o proxecto Roman Provincial Coinage, así como para diversos traballos do propio Gautier. A súa obra componse de arredor de 80 referencias, publicadas entre 1979 e 2023, cando a doenza lle impediu continuar coas súas investigacións.
Ao longo da súa traxectoria como diplomático e numismático, foi recoñecido co nomeamento como cabaleiro da Lexión de Honra e como oficial da Orde Nacional do Mérito."Georges Gautier". En Le Figaro. 26 de febreiro de 2026.
Georges Gautier estivo casado con Francine Gautier, con quen tivo dúas fillas, chamadas Eve e Hélène. Finou en Bouzigues, Hérault, o 23 de febreiro de 2026, aos 87 anos.
Escolma de publicacións
Monografías
(1980). Le monnayage de l'atelier de Lyon / De la réforme monétaire de Dioclétien à la fermeture temporaire de l'atelier en 316 (294-316) (con P. Bastien). Éditions Numismatique Romaine, Wetteren. (2021). Le monnayage en argent de la réforme de Dioclétien (294-312 p.C.) (con M. Amandry). Éd. Ausonius. ISBN 978-2356134349
Artigos
(1982). “Deux multiples d'or de la Tétrarchie conservés à Alexandrie”. En Revue Numismatique. T. 23. Páxinas 74-79. (1985). "Un argenteus inédit de Jovien frappé à Nicomédie". En Schweizer Münzblätter. 138. Páxina 42. (1992). "Le monnayage d'argent de Serdica après la réforme de Dioclétien". En Revue Numismatique. T. 33. Páxinas 97-111. (1995). "Les monnaies romaines en or conservées au Musée du Bardo à Tunis" (con M. Amandry). En Revue Numismatique. T. 150. Páxinas 256-263 . (2009). "Le monnayage en or émis à Rome en 219 ap. J.-C. au nom de Julia Paula : une enquête au sein des sources”. En Revue Numismatique. T. 165. Páxinas 153-162. (2011). "La fin du monnayage en argent de la réforme à Antioche: à propos d'un "argenteus" inédit au nom de Licinius I". En Schweizer Münzblätter. 243. Páxinas 67-71. (2020). "Une série méconnue de nummi de l’atelier de Trêves comportant à l’avers la lettre H sous les effigies impériales" (con M. Phéline e P. Villemur). En Bulletin de la Société française de Numismatique. Vol. 75. Nº 6. Páxinas 146-152 .
(2023). "Un nummus inédit à buste consulaire de Licinius Ier frappé en 313 à Siscia". En Bulletin de la Société française de Numismatique. Vol. 78. Nº 1. Páxinas 5-8.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Schmitt, L. (2026). "Il nous a quittés ! Georges Gautier (1938-2026)". En Bulletin Numismatique. CGB Numismatique, Paris. Nº 262. Abril.
Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Diplomáticos de Francia Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Personalidades sen imaxes