"Polly" é unha canción da banda estadounidense de grunge Nirvana, escrita polo vocalista e guitarrista Kurt Cobain. É a sexta canción do seu segundo álbum Nevermind, publicado por DGC Records en setembro de 1991.

A canción foi escrita sobre o secuestro, violación e tortura dunha nena de 14 anos que volvía á casa dun concerto de punk rock en Tacoma, Washington, en 1987.Azerrad, Michael (1993). Come as You Are: The Story of Nirvana. New York City: Doubleday. p. 321. ISBN 0-86369-746-1 O crime foi cometido por Gerald Friend. Escrita desde a perspectiva do agresor, a canción esixe que o oínte se enfronte á perspectiva dun violador. Cobain falou da agresión sexual como un dos "peores crimes do mundo", dicíndolle a unha publicación en 1991 que "o que realmente hai que facer é ensinar aos homes a non violar".

Notas

Categoría:Cancións de Nirvana Categoría:Sinxelos de 1991