A igrexa de Santa María de Cabanas é un templo relixioso situado na parroquia de Cabanas (O Vicedo), no lugar da Igrexa. Está dedicado á Virxe María. Características

O templo mandouno construír no ano 1392 o bispo Francisco da diocese de Mondoñedo, e financiouno o nobre galaico Fernán Peres de Andrade o Boo, motivo polo que hai a figura dun xabaril no pórtico.

De estilo oxival, ten unha nave con cuberta de madeira a dúas augas. A portada principal está formada por unha dobre arquivolta que enmarca un tímpano que acolle o escudo dos Andrade sostido por dous paxes. O templo ten dous pórticos: un pechado diante da fachada, que continúa polo muro sur, e outro no muro norte sostido por columnas.

No século XVIII engadiuse unha torre acaroada á fachada, de planta cadrada coas esquinas en chafrán con catro vans circulares, e o corpo superior é poligonal con catro vans.

Notas

Categoría:O Vicedo Cabanas Cabanas