miniatura|Aviso de deceso Jesús Fernández Rodríguez, nado en Cotarós (A Pobra de Trives) o 16 de marzo de 1918, e finado no campo de concentración de Gusen o 7 de novembro de 1941, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis. Traxectoria O 24 de novembro de 1938, durante a guerra civil española, foi nomeado tenente de infantería, coa antigüidade de 31 de decembro de 1936.Diario Oficial do Ministerio de Defensa Nacional Ao finalizar a guerra fuxiu a Francia, e pertenceu á Compañía de Traballadores Estranxeiros número 12, creada no campo de Argelès-sur-Mer o 1 de marzo de 1940. Estaba ao servizo de 6éme Armée, destinada no Col du Parpaillon, nos Alpes do Sur. Por alí pasaron uns 500 republicanos españois, coidando e renovando a estrada e o túnel. Aínda existe unha "cabane des Espagnols" na zona, que data da época.
Entrou en Mauthausen co número 5509 o 27 de xaneiro de 1941, procedente do Frontstalag 140 Belfort e do Stalag XI B de Fallingbostel. Rexistrado como labrego, católico e solteiro. Os frontstalag eran campos de prisioneiros do exército alemán situados no territorio ocupado. En abril de 1941 foi trasladado a Gusen, onde faleceu.
O 25 de xuño de 1952 as autoridades francesas enviaron o aviso de deceso a Cotarós, a nome do seu pai, Maximino.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados na Pobra de Trives Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis