thumb|Restaurante chinés na Coruña. A inmigración en Galicia é un fenómeno demográfico e social que adquiriu especial relevancia dende finais do século XX e comezos do século XXI. Tradicionalmente considerada unha terra de emigración, Galicia experimentou nas últimas décadas un cambio progresivo cara a un saldo migratorio positivo, caracterizado pola chegada de poboación estranxeira e o retorno de emigrantes galegos e os seus descendentes. Segundo datos do 1 de xaneiro de 2026, a poboación nada no estranxeiro en Galicia era de 359.870 persoas, representando o 13,1 % do total da poboación. O 46,2 % dos procedentes doutros países fixérono co pasaporte español ou obtivérono co seu novo destino por arraigo. Por iso, a poboación estritamente estranxeira, con outras nacionalidades, é de 193.386 censados.
Historia miniatura|Kebab xunto a un locutorio, negocios rexentados por inmigrantes. Imaxe do barrio da Agra do Orzán, un dos máis multiétnicos da Coruña. miniatura|Bar colombiano en Galicia. Historicamente, a demografía de Galicia estivo marcada pola emigración, especialmente cara a América e Europa entre os séculos XIX e XX. Este fenómeno condicionou profundamente a súa estrutura demográfica, económica e cultural.
A presenza de inmigración en Galicia foi durante séculos reducida. Por exemplo, no século XVIII existían pequenos grupos de estranxeiros (franceses, portugueses, italianos, alemáns e en menor medida ingleses, irlandeses e flamengos), asentados nas cidades máis poboadas como A Coruña, Vigo, Santiago de Compostela e Ferrol, vinculados a actividades comerciais e administrativas. A cifra de inmigrantes máis elevada nesta época era de pouco máis de 700 rexistrados en 1791.
O cambio significativo prodúcese a finais do século XX, cando Galicia comeza a rexistrar un aumento da inmigración exterior e do retorno de emigrantes, configurando un novo escenario migratorio. Dende o ano 2000, a poboación inmigrante en Galicia medrou de maneira sostida. A comezos do século XXI, o número de persoas estranxeiras empadroadas multiplicouse case por catro en menos dunha década.
No contexto máis recente, a inmigración converteuse nun elemento clave para o mantemento da poboación. En 2026, as persoas nadas no estranxeiro representan arredor do 13 % da poboación galega, unha cifra histórica que triplica os valores rexistrados a comezos dos anos 2000. Ademais, dende mediados da década de 2010, Galicia presenta un saldo migratorio positivo, o que contribúe a frear o envellecemento e a perda de poboación.
Un trazo característico do caso galego é a importancia dos retornados, é dicir, persoas de orixe galega que regresan tras emigrar ou descendentes de emigrantes que se estabelecen no país.
Inmigración por país de orixe +Poboación por país de orixePaís de orixePoboación de 2022 IGEPoboación de 2021 IGE14.65514.80914.29013.20610.0659.0018.8769.0868.809 8.4477.3137.7744.8304.5514.4764.0053.3843.4103.3433.1352.9112.6702.3732.3152.1602.174Total 118.740114.534
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Demografía de Galicia Diáspora galega
Categoría:Demografía de Galicia