Lola Ferreiro Díaz, nada en Ordes o 29 de xuño de 1957 e finada no mesmo concello o 11 de decembro de 2023, foi unha psiquiatra feminista galega, docente e activista pola memoria histórica e fundadora da Asociación Galega da Muller.

Traxectoria Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en 1991 coa tese Saúde mental e delincuencia en adolescentes, dirixida por María Dolores Domínguez Santos.

Foi profesora no IES Lamas de Abade. Colaborou en distintos proxectos coa Universidade de Santiago de Compostela ao longo da súa traxectoria laboral. Achegou a perspectiva feminista á práctica clínica e contribuíu á creación de materiais específicos para abordar a educación afectivo-sexual no ensino. Publicou varias obras divulgativas e artigos en prensa (Nós Diario).

Recoñecemento O 27 de marzo de 2026 tivo lugar o acto de presentación do proxecto "Saúde, pracer, república e terra malva"Na República Malva para pór en valor de Lola Ferreiro Díaz. Trátase dunha iniciativa do colectivo Ute-pías feministas, integrado Feitoría Verde, Arabías, Atalaias, Illa Bufarda e a Lila de Lilith, que obtivo o Premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña 2025 e ten por obxecto difundir a figura da activista e preservar o seu legado. O evento tivo lugar na Casa das Máquinas, en Santiago de Compostela.

Notas

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Ordes Categoría:Finados en 2023 Categoría:Activistas de Galicia Categoría:Psiquiatras de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela