Pierre Petit, nado en Namur, Valonia, o 1 de febreiro de 1966, é un antropólogo, etnólogo, historiador da arte e numismático belga, especializado nas culturas africanas.

Petit é profesor da Universidade Libre de Bruxelas.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Pierre Petit, nado na vila valoa de Namur en 1966, cursou estudos superiores na Universidade Libre de Bruxelas, onde en 1989 acadou a dobre licenciatura de Ciencias Sociais, coa especialidade de Antropoloxía Social, e de Historia da Arte e Arqueoloxía, coa especialidade de Civilizacións non Europeas. Finalmente, en 1993 acadou o seu doutoramento en Ciencias Sociais nesa mesma universidade, cunha tese titulada Ritos familiares, ritos reais. Estudo do sistema cerimonial dos luba de shaba (Zaire)."Pierre Petit. Curriculum Vitae ". Université de Liège (Polesud.ulg.ac.be)."CV Pierre Petit". Université libre de Bruxelles (lamc.phisoc.ulb.be).

Carreira profesional Logo do seu doutoramento, en África estudou tamén as relacións dos luba cos seus veciños bwile en Zambia. En 2000 dirixiu a fundación do Observatorio do Cambio Urbano na Universidade de Lubumbashi, no Congo, centrado na antropoloxía, e a partir de 2003 levou a cabo investigacións etnográficas en Laos, sinaladamente acerca das migracións das zonas rurais ás urbanas."Petit, Pierre". Laboratoire d'Antropologie des Mondes Contemporains. Université libre de Bruxelles (lamc.phisoc.ulb.be)."Pierre Petit". Academia.edu

Paralelamente, Petit interésase pola historia da arte e a numismática relixiosa, e realizou investigacións sobre o movemento misioneiro e as medallas producidas con esta temática, especialmente na China e no Congo."Pierre Petit". Maison des Sciences Humaines. Université libre de Bruxelles (msh.ulb.ac.be). Desde 2016 é membro da Sociedade Real de Numismática de Bélxica, na que en 2020 foi elixido membro titular,"Membres titulaires". Société Royale de Numismatique de Belgique (Numisbel.be). e en 2023 presidente da entidade por un período de tres anos."Organe d’Administration". Société Royale de Numismatique de Belgique (Numisbel.be).

Petit é profesor de Antropoloxía na Universidade Libre de Bruxelas e director de investigación do Fondo Nacional para a Investigación Científica (FNRS). Tamén dirixe a revista belga Civilisations,"Directeur de la revue". Civilisations. Revue intenationale d'anthropologie et de sciences humaines (Journals.openedition.org). especializada na antropoloxía.

Publicacións

Escolma de monografías

(1995). Bibliographie sélective des sources sur les populations luba du Shaba. Editions Kyoto, Bruxelas. (2000) Les sauniers de la savane orientale. Approche ethnographique de l’industrie du sel chez les Luba, Bemba et populations apparentées (Congo, Zambie). Académie Royale des Sciences d’Outre-Mer, Bruxelas. ISBN 9789075652185 (2003). Ménages de Lubumbashi entre précarité et recomposition. Editions L'Harmattan. ISBN 978-2747536172 (2004). Byakula: approche socio-anthropologique de l'alimentation à Lubumbashi. Académie royale des sciences d'outre-mer, Bruxelas. ISBN 9789075652345 (2007). Corps, performance, religion: études anthropologiques offertes à Philippe Jespers (con J. Noret). Editions Publibook. ISBN 9782748335699 (2010). Société civile et éducation: le partenariat à l'épreuve du terrain. Academia-Bruylant. ISBN 9782872099672 (2011). Mort et dynamiques sociales au Katanga : République démocratique du Congo (con J. Noret). Editions L'Harmattan. ISBN 978-2296542525 (2024). "Notre-Dame du Congo. La propagande par l’image et la médaille". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. Nº. CLXX. Páxinas 493-518.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Vídeo: "Pierre Petit on ethnic minorities and practices related to modernity in Laos"

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Namur Categoría:Numismáticos de Bélxica Categoría:Antropólogos de Bélxica Categoría:Historiadores da arte Categoría:Etnólogos Categoría:Alumnos da Universidade Libre de Bruxelas Categoría:Profesores da Universidade Libre de Bruxelas Categoría:Personalidades sen imaxes