Alive at the Fucker Club é un álbum en directo dos Melvins, publicado en 1998 a través do selo Amphetamine Reptile Records. Foi gravado en directo o 23 de agosto de 1997 no Corner Hotel en Richmond, Melbourne, Australia. Os Melvins abriron para os Cosmic Psychos en Richmond os días 22, 23 e 24 de agosto.

A duración dos primeiros catro temas non coincide coas cancións: "Boris" vai de 0:00 (pista 1) a 5:00 (pista 1); "It's Shoved" vai de 5:00 (pista 1) a 2:10 (pista 2); "Bar-X-The Rocking M" vai de 2:10 (pista 2) a 1:26 (pista 3); "Smoke on the Water (Jam)" vai de 1:26 (pista 3) a 1:48 (pista 3); e "Antitoxidote" vai de 1:48 (pista 3) ata o final da pista 4. A improvisación do tema "Smoke on the Water" de Deep Purple non aparece acreditada.

A banda reeditou o disco no ano 2020 en CD e nunha edición limitada en vinilo de 10".

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de The Melvins Categoría:Álbums en directo