A ADN topoisomerase IIα (2 alfa) é un encima humano codificado polo xene TOP2A do cromosoma 17.
A topoisomerase IIα serve para aliviar os estrés topolóxico do ADN durante a transcrición, condensa os cromosomas e separa as cromátides. Cataliza a rotura transitoria e reunificación das dúas febras do dúplex de ADN, o cal permite que as febras pasen unha a través da outra. Existen dúas formas deste encima como probables produtos dun evento de duplicación xénica. O xene que codifica esta forma alfa, está localizado no cromosoma 17 e o da forma beta no cromosoma 3. O xene que codifica este encima funciona como diana de varios axentes quimioterápicos e diversas mutacións neste xene foron asociadas co desenvolvemento de resistencia a fármacos.Ye, Jh., Yu, J., Huang, My. et al. The correlation study between TOP2A gene expression in circulating tumor cells and chemotherapeutic drug resistance of patients with breast cancer. Breast Cancer 31, 417–425 (2024). https://doi.org/10.1007/s12282-024-01553-x A redución da actividade deste encima pode tamén exercer un papel na ataxia-telanxiectasia.
Interaccións
TOP2A interacciona con SMURF2, HDAC1, CDC5L, modificador relacionado coa ubiquitina pequeno 1, P53, e TOPBP1.
Noutras especies En Drosophila Hadlaczky et al 1988 atoparon que a ADN topoisomerase IIα se correlacionaba coa proliferación celular, pero que a forma β non.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Topoisomerase II TOP2B - Topoisomerase II beta Duplicación xénica Ataxia-telanxiectasia TOPBP1
Bibliografía
Categoría:Isomerases