miniatura|400x400px|Moedas-coitelo expostas no Museo da Capital, en Pequín, China. A moeda-coitelo (chinés tradicional: 刀幣; chinés simplificado: 刀币; pinyin: jīn cuò dāo) é unha forma premonetaria de bronce fundido en forma de coitelo producida por varios gobernos e reinos no que hoxe é o territorio da China, hai aproximadamente 2.500 anos, entre os anos 600 a.C. e 200 a.C., durante a dinastía Zhou.Allen, L. (1999). Páxinas 58-59.Andrei, M. (2011). "You should know about Chinese knife money". En SME Science (zmescience.com). 28 de marzo.

A súa evolución parece ser paralela á das moedas-pa características do nordés da China.

Paralelamente, hai referencias de que tamén en Corea circularon moedas-coitelo, coñecidas como myeongdojun, como a súa primeira forma de moeda, arredor do século III a.C., pertencentes aos estados de Yan e Gojoseon.Yoo Dal (2009). "National Museum of Korea Opens Permanent Gojoseon Collection". Arirang News (arirang.co.kr). The Korea International Broadcasting Foundation.

Orixe Hai varias hipóteses acerca das circunstancias da introdución das moedas-coitelo, aínda que non hai certeza da exactitude de nuingunha delas con base en fontes documentais. Segundo unha delas, un príncipe que se estaba a ficar sen diñeiro para pagar ás súas tropas permitiulles usar os seus coitelos como forma de moeda para os trocar cos veciños, e este medio acabaría facéndose tan popular que pasaría a ser aceptado con normalidade como xeito habitual de pagamento. Segundo outra hipótese, o mesmo príncipe comezaría a aceptar coitelos como pagamento de pequenas multas, no canto do diñeiro en forma de anel característico daquela época na China.

Tipoloxía As moedas-coitelo imitan con moita similitude a forma real que tiñan os coitelos empregados durante o período Zhou, o que fai que habitualmente se dividan en seis tipos en relación coa súa tipoloxía:Hartill, D. (2005). Páxina 53."Knife Money ". En Chinese Cast Coins (Calgarycoin.com). Noedas-coitelo de Qi:"Knife money (401-220 BC)". Numista.com trátase de moedas de gran tamaño atribuídas ao estado de Qi. Atópanse na zona de Shandong, ao leste do río Amarelo, e non parece que circulasen moito fóra desta contorna. Aínda que se deu unha considerable controversia acerca da data da súa emisión, a arqueoloxía demostra que se remontan ao período dos Estados Combatentes. Presentan na súa folla uns caracteres —tres, catro ou seis, segundo os casos— que as singularizan doutras moedas-coitelo, relativos ao establecemento do estado de Qi, o cal podería terse producido, en función de como se interpreten as primeiras historias, no 1122 a.C., no 894 a.C., no 685 a.C. ou no 386 a.C. As dúas datas derradeiras son as máis probables para a introdución destas moedas. A aliaxe das moedas-coitelo deste tipo con tres caracteres componse de arredor do 54 % de cobre, o 38 % de chumbo e o 8 % de estaño, en tanto que nas que teñen catro ou seis caracteres a porcentaxe de cobre ascende ata o 70 % de cobre.Hartill, D. (2005). Páxinas 54-58. Noedas-coitelo de punta de agulla: este tipo de moedas-coitelo distínguese pola súa longa punta afiada. Ata 1932 a súa existencia era descoñecida, xa que foi ese ano cando se descubriron os primeiros exemplares nun tesouro achado en Chengde, na provincia de Hebei. Máis tarde atopáronse novos espécimes noutros tesouros na mesma zona. Algúns estudosos suxeriron que estas moedas-coitelo se terían producido para o comercio entre os chineses e os xiongnu (hunos) que ocupaban esa área do norte naquel momento. Podería ser que este tipo fose simplemente unha variación local das moedas-coitelo de punta aguzada, ou tamén que este fose o tipo orixinal e que posteriormente se modificase ao resultar incómodo de usar. Neste tipo de moeda-coitelo rexistráronse unhas cincuenta inscricións, que poden consistir en números, caracteres cíclicos e outros caracteres, moitos dos cales non foron descifrados aínda.Hartill, D. (2005). Páxina 59. Noedas-coitelo de punta aguzada (尖首刀):"Pointed-tip knife". Numista.com neste tipo, a punta da folla está igualmente curvada, mais a moeda-coitelo carece da longa punta afiada que caracteriza o tipo de punta de agulla. O feito de que os lugares onde se acharon os espécimes deste tipo se concentren no nordés da China asóciaos co estado de Yan. Nos últimos anos atopáronse tesouros de ata 2.000 exemplares destas moedas-coitelo, ás veces atados xuntos en feixes de 25, 50 ou 100 pezas. Nas follas dos exemplares deste tipo rexistráronse máis de 160 inscricións diferentes, algunhas das cales representan números e outras caracteres cíclicos, pero moitas non foron descifradas aínda. De xeito diferente ás moedas-pa, estes caracteres non se asociaron xeralmente con nomes de lugares coñecidos. As súas dimensións e os seus pesos son variados (de 11 a 16 gramos).Hartill, D. (2005). Páxinas 60-62. miniatura|300x300px|Moedas-coitelo do estado de Yan: a primeira é de "punta de agulla" (ca. 600-400 a.C.), a segunda de punta aguzada (ca. 600-400 a.C.) e a terceira de tipo Ming (ca. 400-220 a.C.).Noedas-coitelo Ming (明刀):"Ming Knife". Numista.com os exemplares coñecidos desta tipoloxía de moedas-coitelo son xeralmente máis pequenos que os de punta afiada, e as súas puntas caracterízanse por ser practicamente rectas. Este tipo toma o seu nome do carácter que portan no anverso, que tradicionalmente se leu como "ming" (chinés: 明; pinyin: míng). No entanto, outras propostas foron "yi" (易; yì),"ju" (莒; jǔ), "ming" (盟; méng) e "zhao" (召; zhào). En Xiadu, ao suroeste de Pequín, descubriuse un obradoiro de fabricación de moedas-coitelo Min que estaba soterrado. Como o lugar do achado foi Yi —a capital do estado de Yan a partir de 360 a.C.—, a posibilidade da interpretación do carácter como "yi" gañou o favor dalgúns investigadores. Tamén se descubriron moldes para a súa produción en Shandong. Estas moedas atopáronse adoito en grandes acumulacións, nas provincias de Hebei, Henan, Shandong, Shanxi e Shaanxi, e tamén no nordés de China, e mesmo en lugares tan arredados como Corea e o Xapón. É frecuente que aparezan en achados conxuntos con moedas-pa con punta e de catro patas cadradas.Hartill, D. (2005). Páxinas 63-73. Habitualmente establécense dúas subcategorías de moedas-coitelo Ming. A primeira, presumiblemente a máis antiga, é curva do mesmo xeito que os coitelos de punta afiada, en tanto que a segunda ten unha folla recta e con frecuencia unha curva angular pronunciada no medio. Esta forma coñécese como 磬 qing ("pedra musical tradiconal chinesa"). A súa aliaxe contén arredor do 40 % de cobre e polo xeral estes exemplares pesan arredor de 16 gramos. Nos reversos das follas das moedas-coitelo Ming hai unha ampla variedade de caracteres, algúns deles individuais, semellantes aos que se atopan nas moedas-coitelo de punta aguzada. Dous grandes grupos teñen inscricións que comezan cos caracteres 右 yòu ("dereito") ou 左 zuǒ ("esquerdo"), seguidos de números ou outros caracteres. o carácter yòu ten tamén o significado secundario de "rapaz" ou "oeste", en tanto que zuǒ tamén pode significar "adulto" ou "leste", o cal puidera ter relación co feito de que as escavacións en Xiadu revelasen na cidade interior un palacio esquerdo (zuo gong) e un palacio dreito (you gong). As semellanzas entre os outros caracteres destes dous grupos amosan que foron determinados polo mesmo sistema. Un grupo máis pequeno ten inscricións que comezan con 外 wài ("fóra"), pero os outros caracteres non teñen moito en común cos grupos yòu e zuǒ. Un cuarto grupo ten inscricións que comezan cun carácter pouco claro, e outros caracteres semellantes aos atopados nos grupos yòu e zuǒ. Por analoxía co wài, este carácter pouco claro leuse como 内 nèi ("dentro") ou 中 zhōng ("centro"). Noedas-coitelo do estado de Qi Ming (coitelos Boshan): a súa aparencia xeral é similar á das moedas-coitelo Ming, aínda que o carácter "ming" é grande e angular e as moedas deste tipo dispoñen de amplas inscricións no reverso. En Boshan, un distrito do leste de Shandong, apareceu soterrado un tesouro destas moedas-coitelo no período Jiaqing (1796-1820), e en datas posteriores atopáronse novos achados na mesma zona, que formaba parte do estado de Qi, e as súas inscricións tamén se refiren a Qi. Entre 284 e 279 a.C., o estado de Yan ocupou a maior parte do territorio de Qi, e xeralmente considérase que estas moedas datan dese período. Por outra banda, as súas inscricións do reverso, que semellan referirse a nomes de lugares, non foron descifradas aínda de xeito satisfactorio. Unha lectura dá o primeiro carácter como 莒; jǔ, que podería referirse á cidade de Ju.Hartill, D. (2005). Páxinas 74-75. Noedas-coitelo rectas (直刀): trátase de moedas-coitelo de tamaño inferior a todas as anteriores, e caracterízanse tamén porque as súas follas non están curvadas ou, nalgúns casos, só lixeiramente curvadas. Foron emitidas nalgúns lugares do estado de Zhao. Esta categoría inclúe outras moedas máis pequenas de varias formas. Atópanse en tesouros xunto con moedas-coitelo Ming.Hartill, D. (2005). Páxinas 76-78.

As moedas-coitelo de Qi Os espécimes Qi pódense clasificar en función do número de caracteres chineses que aparecen no anverso da súa folla.Ashkenazy, G. "State of Qi Six Character Knife Money". Ancient Chinese Charms and Coins (Primaltrek.com) As moedas-coitelo Qi evolucionaron a partir dun antigo utensilio de bronce chinés cun anel no extremo, que se coñecía como 削 xue.Ashkenazy, G. "Ancient Chinese Coin Exhibit at the Qi Heritage Museum". Ancient Chinese Charms and Coins (Primaltrek.com)

Esta categorización subdividíseas, xa que logo, en exemplates de tres caracteres (三字刀), de catro caracteres (四字刀), de cinco caracteres (五字刀) e de seis caracteres (六字刀). Crese que, de todas estas categorías, as moedas-coitelo de catro caracteres son as máis antigas e que foron introducidas nalgún momento a principios do período coñecido como de "Primavera e Outono" (entre os anos 771 e 476 a. C.). Pola súa banda, as moedas de cinco caracteres comezaron a producirse a finais dese mesmo período. Dos exemplares con tres caracteres sábese que comezaron a circular durante o período inicial ou medio dos Reinos Combatentes.

Mentres que a forma máis antiga de moeda-coitelo circulaba no estado de Qi, as moedas-coitelo estenderíanse máis tarde aos estados de Yan e Zhao.

Subtipos de coitelos de Qi miniatura|300x300px|Moeda-coitelo de Qi, do período dos Reinos Combatentes (476 a.C. - 221 a.C.), con tres carateres.Todos os tipos de moedas-coitelo de Qi considéranse raros na era moderna. De tres caracteres. Algunhas moedas coitelo de tres caracteres (三字刀) levan a inscrición 齊法化 Qi fa hua ("Moeda legal de Qi")."Chinese knife money". 2 Clicks Coins (2-clicks-coins.com). 5 de outubro de 2023. De cinco caracteres. As moedas-coitelo Qi con inscricións de cinco caracteres producidas na cidade de Jimo —actual Pingdu, Shandong— tiñan a inscrición 即墨之法化 Ji mo zhi fa hua ("Moeda legal de Jimo").Ashkenazy, G. "Knife Money from State of Qi Unearthed in Shandong". Ancient Chinese Charms and Coins (Primaltrek.com) Pola súa banda, as producidas na cidade de Anyang —situada xusto ao leste do que agora é Caoxian, Shandong— tiñan a inscrición 安陽之法化 An yang zhi fa hua ("Moeda legal de Anyang").

De seis caracteres. As moedas-coitelo de seis caracteres (六字刀) do estado de Qi emitíronse como un tipo de "moeda conmemorativa" (chinés simplificado: 开国纪念币; chinés tradicional: 開國紀念幣; pinyin: kāi guó jì niàn bì). Os exemplares desta categoría adoitan ser bastante grandes e grosas; e xeralmente dan mostra de estar finamente fundidas e feitos de bronce de calidade, e as súas inscricións adoitan amosar unha caligrafía chinesa exquisita. As moedas-coitelo de seis caracteres adoitan ter entre 18,2 e 18,5 centímetros de lonxitude e entre 2,8 e 2,9 centímetros de ancho, e o seu peso está normalmente entre 45,5 e 50,9 gramos.