Blum – Gospodari svoje budućnosti é un filme documental bosníaco de 2024 escrito, coproducido e dirixido por Jasmila Žbanić. O filme conta a historia de como Emerik Blum, un home de negocios, filántropo e político bosníaco xudeu transformou un pequeno estudio nunha grande empresa Energoinvest empregando un estilo de xestión único e democrático. Neste modelo, todos os empregados tiñan voz e voto nas decisións que afectaban ao negocio. Aínda que non é amplamente coñecido, demostra como a toma de decisións compartida pode levar a un grande éxito.

Estreouse o 8 de novembro de 2024 en Saraxevo. Foi escollido como candidato de Bosnia e Hercegovina para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bosnia e Hercegovina propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua bosníaca Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Bosnia e Hercegovina Categoría:Filmes dirixidos por Jasmila Žbanić