Ignacio "Nacho" Ramón del Valle, nado en Elx o 30 de marzo de 1999, é un futbolista valenciano que xoga na posición de dianteiro. O seu equipo actual é o Club Deportivo Arenteiro da Primeira Federación.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Elche Club de Fútbol. O debut sénior de Ramón tivo lugar o 7 de outubro de 2017, cando foi substituto nun partido do Elche Ilicitano contra o Club de Fútbol Borriol. Na tempada 2018/19 Ramón alternou entre o Ilicitano da Terceira División e o segundo filial do club, a UD Ilicitana nas divisións rexionais.

O 5 de maio de 2019 anotou un triplete nunha vitoria por 6-2 do Elche Ilicitano perante o Paiporta CF. Ramón estreouse co primeiro equipo o 4 de xuño de 2019, cando foi substituto de Javi Flores nun partido da Segunda División contra o Deportivo da Coruña.

O 31 de xaneiro de 2022 anunciouse a fichaxe de Ramón polo Club Deportivo Eldense da Segunda División RFEF. O 30 de agosto de 2022, tras contribuír ao ascenso do equipo á Primeira Federación, Ramón foi cedido ao Atlético Saguntino. O 30 de xullo de 2023, xa finalizada a cesión, Ramón asinou un novo contrato co Atlético Sanluqueño.

O 16 de xullo de 2024 fíxose oficial a incorporación de Nacho Ramón ao Club Deportivo Arenteiro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Nacho Ramón en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados na provincia de Alacant Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Xogadores do Elche CF Ilicitano Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do CD Eldense Categoría:Xogadores do Atlético Sanluqueño CF Categoría:Xogadores do CD Arenteiro