"Waiting Room" é unha canción da banda estadounidense de post-hardcore Fugazi. A canción foi lanzada por primeira vez como a canción de apertura do seu EP de estrea e, máis tarde, foi recompilada no seu exitoso recompilatorio de 1989 13 Songs. Con influencias estilísticas do funk, o hip-hop e o reggae, o tema tipifica o estilo característico de post-hardcore de Fugazi e converteríase nunha das súas cancións máis populares e amplamente versionadas a pesar de nunca ser lanzada como sinxelo.
Antecedentes A canción inspirouse na natureza efémera da banda anterior de Ian MacKaye, Embrace. Desexando garantir a lonxevidade do seu novo proxecto, estaba "absolutamente decidido a non cometer os mesmos erros esta vez [...] É a súa canción sobre esperar á xente axeitada e ao momento axeitado".
Legado A canción foi versionada "por unha lista extraordinariamente diversa de artistas" dende o seu lanzamento en 1988. "No cuarto de século transcorrido desde que se interpretou por primeira vez", escribe a revista Verbicide nun artigo que enumera dez versións diferentes da canción, "“Waiting Room” converteuse nunha canción de referencia para as bandas de rock que buscan congraciarse co público e gañar algo de credibilidade, así como para aquelas que simplemente desexan compartir o seu amor por unha banda que pasa desapercibida na corrente dominante"."10 Covers of Fugazi's "Waiting Room"". Verbicide. 23 de abril de 2012 O Washington Post incluso cualificou o ano 2011 como "o ano das versións de Fugazi" debido á cantidade de bandas e músicos que versionaron a canción (así como outras da banda) ese ano.
"Waiting Room" foi versionada, tanto en directo como en estudio, por Red Hot Chili Peppers, Rancid, Arcade Fire, Mustard Plug, The Wildhearts, Ryan Adams, Atom and His Package, Minus the Bear, Billy Talent, Dead Milkmen, The Ex, Jimmie's Chicken Shack, The Cryptkeeper Five, Osaka Popstar, Rubblebucket, Awolnation ou TV on the Radio. A banda galega Bala tamén versionou o tema no ano 2021 coa colaboración de Laura Villar de Grima.
Notas
Categoría:Cancións de Fugazi