Gorka Pérez Garay, nado en Gordexola o 19 de xuño de 1995, é un futbolista vasco que xoga na posición de central ou mediocentro defensivo. O seu equipo actual é o Club Deportivo Arenteiro da Primeira Federación.
Traxectoria Pérez completou a súa formación no Barakaldo Club de Fútbol. No ano 2014 pasou a formar parte do Athletic Club e foi asignado ao filial Club Deportivo Basconia, equipo co que realizou o seu debut sénior durante a Terceira División 2014/15. Formado como mediocentro defensivo, Gorka Péreze reconverteuse en defensa central nesta etapa.
O 20 de agosto de 2015, pouco despois de ser promovido ao Bilbao Athletic, Pérez foi cedido ao Gernika Club da Segunda División B. Regresou ao filial tras un ano de cesión no Gernika. O 27 de maio de 2019 anunciouse a saída de Pérez do Athletic.
O 1 de xullo de 2019 Pérez fichou pola Unión Deportiva Logroñés. Na tempada 2019/20 contribuíu a alcanzar un ascenso histórico do club rioxano á Segunda División. O debut profesional de Pérez tivo lugar o 12 de setembro de 2020, cando foi titular nun partido contra o Sporting de Gijón.
O 26 de xullo de 2021 fíxose oficial a incorporación de Pérez no Club Deportivo Badajoz da Primeira División RFEF. Durante a tempada 2021/22 foi titular habitual e anotou un dobrete o 2 de outubro de 2021, nun partido contra a Cultural y Deportiva Leonesa que finalizou 3-3.
O 20 de xullo de 2022 asinou un novo contrato co Club Deportivo Numancia. Tras xogar 37 partidos e liderar a defensa do equipo soriano, en xullo de 2023 pasou a formar parte do Club Deportivo Lugo. No equipo galego disputou 26 encontros e tamén asumiu un papel fundamental na defensa. No verán de 2024 comezou a xogar no Gimnàstic de Tarragona. Co equipo catalán participou na promoción de ascenso á Segunda División. En agosto de 2025 fichou polo Club Deportivo Arenteiro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Gorka Pérez en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Gordexola Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Baskonia Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Gernika Club Categoría:Xogadores do UD Logroñés Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do CD Badajoz Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do CD Arenteiro