Sylvanie Burton, nada en Salybia (Dominica) en 1956, é unha política dominiquesa que exerce como presidenta de Dominica desde 2023. É a primeira muller presidenta e a primeira persoa indíxena (Kalinago) en ocupar o cargo.

Traxectoria Traballou en varios ministerios do goberno de Dominica dende 2014 e en 2023 foi nomeada polo goberno do Partido Laborista de Dominica liderado por Roosevelt Skerrit para suceder ao presidente saínte Charles Savarin. A súa candidatura foi rexeitada pola líder da oposición, Jesma Paul Victor, o que levou a unha elección no parlamento contra o candidato da oposición.

Notas

Categoría:Nados en Dominica Categoría:Nados en 1956 Categoría:Alumnos da Universidade San Francisco Xabier Categoría:Presidentes de Dominica Categoría:Alumnos da Universidade de Manchester