Leopoldo González Delgado, nado no Barco de Valdeorras cara a 1902 e finado en 1944, foi un sindicalista e político galego. Traxectoria
Veciño de Biobra. Obreiro do ferrocarril. Militante da CNT. Fundador e presidente do Sindicato Único de Traballadores de Vilavella constituído en abril de 1936. Militante do Partido Galeguista en Rubiá, creado en 1936 e do que foi contador. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 declarouse a folga xeral en Vilavella, a requisa de armas e a neutralización das persoas reaccionarias; encabezados por Leopoldo, un grupo de operarios desprazouse a Viana do Bolo para defendela fronte aos golpistas. Leopoldo alistouse voluntario na Lexión para escapar das represalias, de onde o expulsaron ao remate da guerra civil. Xulgado en consello de guerra en Ourense por rebelión militar na causa 1558/37 con José García Martínez, Francisco Rodríguez Carballal, Segisfredo González Alonso, Luis Alfonso Varela e Amable González Brito, foi condenado a pena de morte, conmutada a cadea perpetua. Cuumpriu condena na prisión de Oviedo, na cadea de Talavera de la Reina e en varios campos de concentración, onde enfermou de gravidade. Saíu da cadea de Oviedo en estado terminal e morreu aos dous meses.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Leopoldo González Delgado Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Políticos do Partido Galeguista
Categoría:Sindicalistas da CRG
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1944