Manuel Docampo Pousa, coñecido como Pousa, nado en Ourense cara a 1904 e finado na mesma cidade o 26 de setembro de 1939, foi un carpinteiro e sindicalista galego.

Traxectoria Carpinteiro de Ourense, foi elixido presidente da Sociedad de Carpinteros en xaneiro de 1930.La Región, 30-1-1930, p. 8. Foi elixido vicepresidente da Casa del Pueblo de Ourense en maio de 1931,La Región, 13-5-1931, p. 1. e secretario de organización do Comité Provincial contra a Guerra en abril de 1933.La Región, 8-4-1933, p. 5. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Foi detido en Ourense en agosto de 1937.El Diario de Pontevedra, 4-8-1937, p. 3. Xulgado en Ourense por rebelión militar en peza separada da causa 598/36, foi condenado a pena de morte. Foi executado no Cumial o 26 de setembro de 1939.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Manuel Docampo Pousa Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1939