As persoas con poderes para curar o mal de ollo e desfacer os meigallos coñécense, en Pontevedra como pastequeiros, aínda que cómpre recoñecer que aplican a súa capacidade para curar outras doenzas, mesmo do gando, e as casas que se supoñen sometidas a malas influencias. Leandro Carré Alvarellos asegura que salvan os endemoñados.<ref>Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán-galego 1979, s. v. pastequeiro.</ref> A súa arte curativa transmítese de pais a fillos, coma un oficio, aínda que poden ter discípulos e imitadores.
O nome que reciben procede do uso nos ensalmos da expresión latina Pax tecum (a paz sexa contigo), utilizada ó rematar a misa, se ben nestes ensalmos mestúranse textos litúrxicos con textos de orixe máxica. Esta exclamación deixa entrever a idea de que a persoa endiañada (ou baixo un meigallo) non pode estar en paz. Nun ensalmo portugués contra a caída da espiñela aparece tamén o termo pasteco: "Amén, Jesús, María, José,/ fica-te a espinhela en pé./ Santa Ana, Santa María,/ pasteco, aleluia".V. Vaqueiro, s. v. pastequeiro.
Era tradicional que realizasen os seus rituais investindo cunha estola ó enfermo e bendecíndoo cunha cruz de Caravaca. Estes rituais facíanse en lugar sagrado: na propia igrexa ou, cando menos, no adro ou no cemiterio. Parece ser que agora só se fai no fogar do curandeiro ou do enfermo. Os pastequeiros actúan calquera día da semana, con preferencia os sábados, pero rara vez en domingo.
Este tipo de menciñeiros, habitualmente homes, son específicos das parroquias de Santa Comba de Bértola (en Vilaboa) e Tomeza (parroquia de Pontevedra); neste segundo caso, actuaban onda a capela de San Cibrán.Vítor Vaqueiro engade que tamén os hai en Marcón, outra das parroquias de Pontevedra. Dos dous santos, Santa CombaCuxa lenda se mestura e confunde coa de Santa Comba de Sens. e San Cibrán,Que tamén se confunde con San Cibrán de Cartago. conta a tradición que eran bruxos antes de arrepentirse, cambiar de vida e morrer martirizados, para ser logo declarados santos.De feito, Santa Comba está considerada como patroa das meigas (Xesús Ferro Ruibal: Dicionario dos nomes galegos, Ir Indo 1992, s. v. Comba). As súas esculturas, conservadas en cadansúa capela, debían estar presentes no momento do ritual e, a falta da escultura do santo, algúns pastequeiros utilizaban unha figuriña del.
Vicente Risco recolleu así o ritual empregado na curación dos enfermos.V. Risco (1962), 450-451.
O enfermo colócase de xeonllos cara a imaxe do santo, e o pastequeiro colócalle a estola e dálle a cruz (e por veces, tamém medallas, rosarios e outros obxectos santos).
O pastequeiro, cunha cruz de Caravaca na man, reza un ensalmo mentres lle fai cruces na cabeza; por veces, tamén le fragmentos do Ciprianillo. Risco transcribe o ensalmo empregado por Garamillas de Bértola:
E, finalmente, xantan todos xuntos, agás o enfermo, do pan e o viño que debeu levar este (tres libras de pan e tres netos de viño). A parte que lle correspondería ó doente déixase no camposanto, como ofrenda ás ánimas. E durante a comida, o pastequeiro volve facer cruces na cabeza do enfermo, desta volta con pan mollado en viño, e reza o ensalmo outra vez.
Para garantir a eficacia do ritual, cando o pastequeiro sospeita que cómpre insistir na curación, o enfermo debe varrer a súa casa, durante tres días seguidos, en xaxún e cunha vasoira de xesta, Debe recoller todo o lixo varrido, metelo nun papel e ir onda un río, para botalo sobre a súa cabeza e cara atrás, e recitar: "Así como esta broza foi botada, mal e invexa da casa sexa cortada''".
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Mitoloxía galega