360 curvas é un documental galego de 2025 dirixido por Alejandro Gándara Porteiro e Ariadna Silva Fernández.
Sinopse As 360 curvas da estrada LU-530 que separan A Fonsagrada de Lugo amosan un camiño longo, difícil e descendente entre montañas e reflicten o declive dun lugar que, a comezos da década de 1990, decidiu loitar pola súa supervivencia. O detonante foi a Lei de Desenvolvemento Comarcal elaborada pola Xunta de Galicia que deixaba inicialmente A Fonsagrada sen capitalidade comarcal que se trasladaba a Becerreá, perdendo servizos como a Oficina de Extensión Agraria e o Servizo de Extinción de incendios.
Estrea A película estreouse en novembro de 2025 en 3 festivais: o 20 de novembro, no Festival Internacional de Cinema de Xixón (FICX), na sección Esbilla; e o 23 no Cineuropa de Santiago e no Cormorán Film Fest da Coruña. A prestrea en salas, fíxose o 25 de xaneiro de 2026 na propia Fonsagrada.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha no Festival Internacional de Cine de Xixón (FICX) Trailer en Vimeo Entrevista: Alejandro Gándara e Ariadna Silva sobre '360 curvas' en YouTube
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:A Fonsagrada