Jesús José Bernal Villarig, nado en Muniesa o 25 de decembro de 1996, é un futbolista aragonés que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Sporting de Gijón da Segunda División.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores da Real Sociedad Deportiva Santa Isabel, do Club Deportivo San Gregorio Arrabal e do Stadium Casablanca. En 2015 asinou un contrato co Real Zaragoza e en setembro dese ano foi cedido á Sociedad Deportiva Tarazona da Terceira División. En xullo de 2016 regresou ao Zaragoza e foi asignado ao Deportivo Aragón, onde foi titular habitual. En agosto de 2017 Bernal fichou pola Agrupación Deportiva Unión Adarve da Segunda División B.

O 19 de xullo de 2018, Jesús Bernal asinou un contrato de tres anos coa Cultural y Deportiva Leonesa, recén descendida á terceira categoría. O 5 de xullo de 2019 anunciouse a súa fichaxe polo Atlético Levante da mesma división. O 12 de agosto de 2020 foi traspasado ao Rayo Majadahonda.

O 4 de xullo de 2022, Bernal incorporouse ao Racing de Ferrol da Primeira Federación cun contrato por dous anos. Durante a tempada 2022/23 foi xogador regular do equipo e contribuíu ao ascenso á Segunda División despois de 15 anos. O seu debut profesional tivo lugar o 12 de agosto de 2023, cando foi titular nunha vitoria por 1-0 perante o Elche Club de Fútbol.

O 27 de xuño de 2024 anunciouse o traspaso de Bernal ao Sporting de Gijón cun contrato por tres anos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Jesús Bernal en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados na provincia de Teruel Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da SD Tarazona Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores do Levante UD B Categoría:Xogadores do CF Rayo Majadahonda Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón