XPNAV-1 (X-Ray Pulsar Navigation), coñecido tamén como , é un satélite artificial chino lanzado o 9 de novembro de 2016 mediante un foguete CZ-11 desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.
Características XPNAV 1 foi un satélite chino lanzado para probar o voo autónomo e navegación de espazo profundo mediante a localización mediante os sinais de raios X dos púlsares. A navegación mediante púlsares é un método novedoso de navegación que usa a triangulación mediante a medición dos sinais destes obxectos para obter unha localización precisa da nave no espazo. XPNAV 1 foi deseñado para usar o sinal de 26 púlsares coñecidos e crear unha base de datos de púlsares útiles para navegación. Tras cumprir a súa misión reentrou na atmosfera o 11 de xuño de 2025.
Notas
Véxase tamén Outros artigos CZ-11
Categoría:Satélites artificiais