Javier Garrido Valenzuela, nado en Madrid en 1961, é un empresario e político galego.
Traxectoria
Instalado en Pontevedra. Militou en Alianza Popular, foi membro da mesa de idade do seu congreso de constitución en Galicia; integrou algunha das listas de AP nas eleccións do País Vasco. Director dunha empresa de promoción inmobiliaria. É presidente da Asociación de Promotores Inmobiliarios da Provincia de Pontevedra (Aproin) dende 2007. Vicepresidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, foi elixido membro do Consello Social da Universidade de Vigo en representación da Confederación de Empresarios de Pontevedra en 2012.
Vida persoal É irmán de Fernando e Irene Garrido Valenzuela.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
JAVIER GARRIDO VALENZUELA, Presidente de la Federación de Promotores de Galicia y de Aproim: "El 90% de los promotores son el prototipo de honorable, pero nos han demonizado"
Javier Garrido: "La construcción comenzará a recuperarse este año"
Categoría:Políticos de AP Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1961