Postmodernism, or, the Cultural Logic of Late Capitalism (en ) é un libro de Fredric Jameson publicado orixinalmente en 1991. O núcleo da obra é unha crítica do modernismo e o posmodernismo dende unha perspectiva marxista. Ten a súa orixe nun artigo de 1984 para a New Left Review.
Contidos Jameson define o posmodernismo como o sistema cultural da sociedade capitalista no seu estado global e financeiro. Neste sentido, caracterízase por unha "crise da historicidade", unha "decadencia dos afectos" e unha predominancia do pastiche. Así, pescuda estas características a través dunha variedade de eidos e medios, como o cinema, a televisión, a literatura, a arquitectura ou a filosofía. Nun dos seus exemplos máis senlleiros, comparou as diferenzas entre modernismo e posmodernismo comparando O par de zapatos de Van Gogh e os Diamond Dust Shoes de Andy Warhol. Para Jameson, o posmodernismo é unha forma de cultura de masas dirixida polo capitalismo que subxace a todos os aspectos da nosa vida diaria.
Notas
Categoría:Filosofía do século XX Categoría:Postmodernismo