Domingo Couso Pérez, nado na Bouza (A Gudiña) cara a 1906 e finado en Ourense o 11 de decembro de 1937, foi un barbeiro, sindicalista e político galego.
Traxectoria Barbeiro, obreiro do ferrocarril e montador electricista empregado da Eléctrica. Militante da CNT, foi tesoureiro do Sindicato Único de Traballadores da Gudiña. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Ingresou na prisión do Partido de Verín o 30 de xaneiro de 1937. Foi trasladado á Prisión Provincial de Ourense o 15 de febreiro. Xulgado por rebelión militar en consello de guerra o 8 de xullo de 1937 na causa 166/37, foi condenado a morte. Foi executado no Campo de Aragón o 11 de decembro de 1937 xunto con Florencio Esteban de Frutos, Jacinto Diéguez Peña e Eladio Diéguez Ballesteros.La Región, 12-12-1937, p. 3. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Domingo Couso Pérez Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Sindicalistas da CNT Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Gudiña Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1937