Maspalomas é un filme dramático de 2025 dirixido por Jose Mari Goenaga e Aitor Arregi. Está protagonizada por José Ramón Soroiz xunto a Nagore Aranburu. A película presentouse no 73º Festival Internacional de Cine de Donostia o 21 de setembro de 2025 antes da súa estrea nos cinemas españois o 26 de setembro de 2025 por BTeam Pictures.

Sinopse Vicente, de 76 anos, ten unha vida despreocupada en Maspalomas como un home abertamente homosexual ata que sofre un ictus e se ve na obriga de regresar a Donostia, onde se reencontra coa súa filla (á que abandonou anos antes) e ingresa nunha residencia de anciáns. O novo contexto leva a Vicente a optar por volver ocultar a súa orientación sexual.

Elenco José Ramón Soroiz como Vicente. Nagore Aranburu como Nerea. Kandido Uranga como Xanti. Zorion Eguileor como Ramon. Kepa Errasti como Iñaki.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes ambientados nas Illas Canarias Categoría:Filmes ambientados no País Vasco Categoría:Filmes en lingua éuscara Categoría:Filmes sobre temática LGBT de España Categoría:Filmes sobre a vellez Categoría:Filmes dirixidos por Jose Mari Goenaga Categoría:Filmes dirixidos por Aitor Arregi Categoría:Filmes do País Vasco