John Howard Benson, nado en Newport, Rhode Island, o 7 de xullo de 1901 e finado na mesma cidade o 23 de febreiro de 1956, foi un calígrafo, deseñador gráfico, tallador en pedra, autor e deseñador de moedas estadounidense.
Traxectoria
Primeiros anos e formación John h. Benson naceu o 7 de xullo de 1901 en Newport, Rhode Island, fillo de Elizabeth H. Howard (nada en 1878) e de Augustus Sherman Benson (1875-1933)."John Howard Benson". Familysearch.org
Alí cursou o seu enisno secundario na Rogers High School. Logo realizou estudos artísticos na Academia Nacional de Deseño e na Art Students League, de Nova York,Smith, P. (2025). nesta última con Joseph Pennell."J.H. Benson Dies; Calligrapher, 55; Newport Stonecutter...". En The New York Times. 24 de febreiro de 1956.
Logo da súa estadía formativa en Nova York, regresou a Rhode Island en 1925. Comprou a compañía John Stevens Shop en Newport en 1927, dedicada á talla e á rotulaxe en pedra.Michaud, J. (2012). Entre 1927 e 1935 impartiu clases de Arte na Abadía de Portsmouth, para a que ademais labrou en pedra calcaria o seu altar maior en 1937, así como varias esculturas.Roslevich, S. "Artists of the Abbey: John Howard Benson". Portsmouthabbeymonastery.org Logo exerceu a docencia nas materias de Escultura, de Caligrafía e de Teoría do Deseño na Escola de Deseño de Rhode Island, desde 1931 ata 1946, e exerceu a xefatura do Departamento de Escultura desta escola desde 1936 ata 1945.
Entre a súa produción artística cabe salientar diversas tallas en pedra e placas conmemorativas, entre outras para a Escola de Deseño de Rhode Island, para a Groton School, para a Phillips Exeter Academy e para o Museo Metropolitano de Arte de Nova York.
No ámbito da numismática, foi coautor, xunto a Arthur Graham Carey, da moeda de medio dólar conmemorativa do Tricentenario de Rhode Island, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1936."Providence, Rhode Island Tercentenary Half Dollar". United States Mint (Usmint.gov)."1936 Rhode Island Tercentenary Half Dollars". En Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 385-392."1936 Rhode Island Tercentenary Half Dollars". En Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 385-392.
Benson tamén se encargou do deseño do diploma e do selo da Escola de Deseño de Rhode Island,"How We Look: Logo". Rhode Island School of Design (risd.edu). así como do selo de The Wheeler School."History of The Wheeler School". Wheelerschool.org
En 1955, John H. Benson foi elixido membro da American Academy of Arts and Sciences."New Members Elected May 11, 1955". En Proceedings of the American Academy of Arts and Sciences. Vol. 85. Nº 1. 1955.
Publicacións
(1940). The Elements of Lettering (con A. G. Carey). J. Stevens, Newport. (1955). The first writing book, an English translation & fascimile text of Arrighi's Operina, the first Manual of the chancery hand. Oxford University Press.
Recoñecementos
1955: Medalla de Artesanía do Instituto Americano de Arquitectos. 1955: Máster Honorífico en Artes da Universidade Yale.
Vida persoal e familiar John H. Benson casou o 15 de setembro de 1934 con Esther Fisher Smith, con quen tivo tres fillos. A través do seu fillo John Everett Benson (1939-2024)Green, P. (2024). "John Everett Benson, Who Chiseled John F. Kennedy's Grave, Dies at 84". En The New York Times. 16 de xuño. fundou unha estirpe de talladores en pedra que continuou co seu neto Nicholas Benson, o actual director de The John Stevens Shop."The John Stevens Shop". Johnstevensshop.com Pola súa banda, o fillo máis novo de John Howard Benson, chamado Richard Mead Atwater Benson (1943-2017), impartiu docencia de Gravado e Fotografía na Universidade Yale.Sandomir, R. (2017). "Richard Benson, Photographer and Printer, Dies at 73". En The New York Times. 27 de xuño.
John Howard Benson finou en Newport o 23 de febreiro de 1956, aos 54 anos, e foi soterrado no cemiterio Common Ground, en Newport."John Howard Benson". Findagrave.com
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Benson, J. E. (2018). The Letter Cutter: The Life and Work of John Howard Benson. The Fisher Press, Santa Fe. ISBN 9780578419084
Bowers, Q. D. (1991). Commemorative Coins of the United States. A Complete Encyclopedia. Bowers and Merena Galleries, Wolfeboro. Páxinas 167-172. ISBN 978-0-943161-35-8 Hofer, Ph. (2011). John Howard Benson And His Work, 1901-1956. Literary Licensing. ISBN 978-1258211448 Michaud, J. (2012). "The Benson Craftsmen". En The New Yorker. 31 de maio.
Smith, P. (2025). "Benson, John Howard". En American Numismatic Biographies. Páxina 35.
Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1956 Categoría:Nados en Rhode Island Categoría:Artistas dos Estados Unidos de América Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Deseñadores gráficos Categoría:Alumnos da Universidade Brown Categoría:Alumnos da National Academy of Design Categoría:Alumnos da Art Students League of New York Categoría:Membros da Academia Estadounidense das Artes e das Letras