Tides (tamén coñecido como The Colony) é un filme suízo-alemán de suspense e ciencia ficción de 2021 dirixido e escrito por Tim Fehlbaum. Está protagonizado por Nora Arnezeder, Iain Glen, Sarah-Sofie Boussnina e Joel Basman. Ambientada nun futuro no que a elite da Terra abandona o planeta contaminado para estabelecerse nunha colonia espacial en Kepler-209, trata dun equipo de Kepler que regresa á Terra varias xeracións despois para comprobar se é axeitada para a vivenda humana. Estreouse na 71ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín.

Estreouse en galego en 2025 a través da TVG.

Personaxes Nora Arnezeder como Louise Blake Cloé Albertine Heinrich como Louise Iain Glen como Gibson Sarah-Sofie Boussnina como Narvik Joel Basman como Paling Sebastian Roché como Blake Bella Bading como Maila Sope Dirisu como Tucker

Notas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Suíza Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de 2021 con versión en galego