Luciano Salgado Nieves, Casildo, nado en Santa Comba de Baroncelle (Moialde, Vilardevós) cara a 1917 e finado en Ourense o 16 de outubro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Muiñeiro e labrego. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o seu irmán Miguel morreu na guerra e Luciano fuxiu a Portugal en maio de 1937. En Vinhais conseguiu traballo como xornaleiro e despois como criado de labranza. Regresou a Galicia en novembro de 1937 e permaneceu agochado. Integrouse no grupo dos irmáns Guillermo e Mario Morán García. Volveu pasar a Portigal e traballou uns meses en Parada, na freguesía de Castanheira (Chaves) e dedicouse despois ao contrabando de panos e tabaco. No inverno de 1939 volveu a Galicia e na primavera retornou a Portugal. Traballou de criado para un labrador de Sanfins da Castanheira.

Ao ter coñecemento dunha amnistía aos fuxidos á guerra regresou a Vilardevós en xuño de 1939 para facer o servizo militar, quedando preso en Ourense do 15 de xuño ao 19 de setembro. Enviado a Tetuán, regresou en decembro de 1941 a Santa Comba de Baroncelle, e pasou a traballar cos pais. En xaneiro de 1943 marchou ás minas de Turón (Asturias) onde permaneceu tres meses. Volveu a Vilardevós até outubro de 1945 cando encontrou un portugués o puxo en contacto cos refuxiados de Sernande (Antonio, Orozco, García e Elvira) aos que pediu que o levasen para América, cousa que non conseguiu. Empezou a traballar na construción da liña de ferrocarril Ourense-Zamora. Un enfrontamento co seu irmán Fidel determinou a súa marcha a Sernande a finais de abril de 1946. Integróuse no grupo guerrilleiro de Demetrio García Álvarez que operaba desde Cambedo, xunto con Pablo García Álvarez e Alejandro Álvarez Justo. Detido en Portigal o 28 de outubro de 1946, fuxiu da prisión na Rúa do Heroísmo de Porto o 12 de decembro. Recapturado en España, delatou a Pablo García e Alejandro Álvarez implicándoos no asalto a Lamasdeite. Foi procesado con Pablo García, Alejandro Álvarez e Enrique Rivas Rodríguez pola causa 348/46. Xulgado en Ourense e condenado a morte, foi fusilado en Ourense o 16 de outubro de 1947.La Voz de Galicia, 17-10-1947, p. 2. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Batalla de Cambedo

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilardevós Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1947