Saúl: A viaxe a Damasco (en ) é un filme dramático canadense-maltés de 2014 sobre Saúl de Tarso, dirixido por Mario Philip Azzopardi. Está protagonizado por Kyle Schmid como o personaxe titular. Tamén está protagonizada por Emmanuelle Vaugier e John Rhys-Davies. Estreouse en formato de vídeo no Canadá en abril de 2014.

Estreouse en galego en 2025 a través da TVG.

Sinopse Saúl de Tarso persegue os que difunden as ensinanzas de Xesús e presencia a lapidación de Estevo. Porén, despois convértese ao cristianismo e bautízase como Paulo.

Personaxes Kyle Schmid como Saúl Emmanuelle Vaugier como María Madalena John Rhys-Davies como Caifás Dan Cade como Estevo Brittany Bristow como Johanna Kris Holden-Ried como Jordan Callum Blue como Addai Leif Bristow como Marcus Quintas Brent Crawford como Ananias Larissa Bonaci como Ester Malcolm Ellul como sarxento Sahedrin Mikhail Basmadjian como Follower Paul Portelli como tenente Marc Cabourdin como Flavius Sean Buhagiar como Lucas Andrew Mallia como fillo de San Pedro Daniel Pace Bonello como garda Sahedrin

Produción É unha coprodución entre o Canadá e Malta, e a rodaxe realizouse en Malta.

Notas

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Malta Categoría:Filmes dirixidos por Mario Philip Azzopardi Categoría:Filmes baseados no Evanxeo Categoría:Filmes rodados en Malta Categoría:Filmes de 2014 con versión en galego