A cerimonia da 98ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), terá lugar o 15 de marzo de 2026, no Dolby Theatre de Hollywood, Os Ánxeles, nos Estados Unidos. Durante a gala, a AMPAS presentará os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Premios Óscar) en 24 categorías, na honra dos filmes estreados en 2025. A cerimonia será televisada nos Estados Unidos por ABC e transmitida en Hulu. O comediante Conan O'Brien será o anfitrión do programa por segunda vez consecutiva despois de recibir a aclamación universal por ser o anfitrión do ano anterior, con Hamish Hamilton como direcotr e con Raj Kapoor e Katy Mullan regresando como produtores executivos por terceiro ano consecutivo.
Este ano, o premio a Mellor Elenco presentarase por primeira vez como unha categoría independente, o que eleva a 24 o número total de categorías competitivas dos Óscar.
One Battle After Another gañou finalmente seis premios, incluíndo os de Mellor Película e Mellor Elenco, sendo a primeira en recibir este último premio. Outros gañadores foron Sinners con catro premios; Frankenstein con tres; As guerreiras K-Pop con dous; All the Empty Rooms, Avatar: Fire and Ash, F1, The Girl Who Cried Pearls, Hamnet, Mr Nobody Against Putin, Affeksjonsverdi, The Singers, Two People Exchangeing Saliva e Weapons con un premio cada unha.
Finalmente, a película española Sirāt, que tiña dous nomeamentos, non acadou ningún.
Nomeados Os nomeados para a 98ª edición dos Premios da Academia foron anunciados o 22 de xaneiro de 2026 no Teatro Samuel Goldwyn de Beverly Hills pola actriz Danielle Brooks e o actor Lewis Pullman.
As dezaseis candidaturas recibidas por Sinners son a maior cantidade na historia dos Óscar, superando o récord anterior de catorce compartido por Todo sobre Eva (1950), Titanic (1997) e La La Land (2016). Tamén bateu o récord de maior cantidade de persoas negras nomeadas para unha soa película, con dez. O estudo da película, Warner Bros. Pictures, obtivo trinta candidaturas, igualando o seu propio récord establecido en 2005. Numerosos críticos de cine e xornalistas eloxiaron o avance nas candidaturas, aplaudindo á Academia por abrazar o cine negro e o xénero de terror.
Aos 30 anos, Timothée Chalamet converteuse no actor máis novo en recibir tres nomeamentos ao mellor actor desde Marlon Brando, e tamén na persoa máis nova en ser nomeada tanto ao mellor actor como ao mellor produtor no mesmo ano, superando a Warren Beatty. Aos 37 anos, Emma Stone, nomeada a mellor película e mellor actriz, converteuse na segunda persoa máis nova da historia dos Óscar en acumular sete nomeamentos ao longo da súa carreira, despois de Walt Disney. Wagner Moura converteuse no primeiro brasileiro nomeado ao mellor actor nun papel principal. Stellan Skarsgård converteuse no primeiro actor nomeado ao mellor actor secundario por unha película internacional nunha lingua diferente ao inglés.
Os 40 anos transcorridos entre a primeira candidatura de Amy Madigan, polo seu papel secundario en Twice in a Lifetime (1985), e a segunda, por Weapons, estableceron o récord do intervalo máis longo entre candidaturas aos Óscar para unha actriz. Ruth E. Carter converteuse na muller negra con máis candidaturas en calquera categoría coa súa quinta candidatura ao mellor deseño de vestiario. Polo seu traballo en Sinners, Autumn Durald Arkapaw converteuse na primeira muller negra (e cuarta persoa en total) candidata á mellor fotografía. Chloé Zhao converteuse na segunda muller, despois de Jane Campion, e na primeira muller non caucásica en ser candidata dúas veces ao mellor director. Con nove candidaturas á mellor película, Dede Gardner converteuse na produtora máis candidata, rompendo o empate que mantiña con Kathleen Kennedy.
Affeksjonsverdi, converteuse na primeira proposta norueguesa que gañou o premio á mellor película estranxeira. Por outra banda, é a setima vez que se produce na historia dos premios un empate, sendo a primeira vez dende 2013. Nesta ocasión o premio ex aequo foi para The Singers e Two People Exchanging Saliva na categoría de Mellor Curtametraxe de Fotografía Real.
Nomeados e gañadores Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa, e coa icona do Óscar ao seu carón. miniatura|Paul Thomas Anderson, premio á mellor dirección miniatura|Michael B. Jordan, premio ao mellor actor. miniatura|Jessie Buckley, premio á mellor actriz miniatura|Sean Penn, premio ao mellor actor secundario miniatura|Amy Madigan, premio á mellor actriz secundaria miniatura|Chris Appelhans, cogañador do premio ao mellor filme de animación por As guerreiras K-Pop. miniatura|alt=Walter Salles in 2024.|Maggie Kang, cogañadora do premio ao mellor filme de animación por As guerreiras K-Pop. miniatura|alt=Daniel Blumberg in 2024.|Joachim Trier, premio á mellor película estranxeira por Affeksjonsverdi miniatura|alt=Clément Ducol and Camille in 2024.|Ryan Coogler], premio ó mellor guión orixinal por Sinners miniatura|alt=Jacques Audiard in 2017.|Autumn Durald Arkapaw, premio á mellor fotografía por Sinners miniatura|alt=Richard King en 2015.|Ludwig Göransson, premio á mellor banda sonora orixinal por Sinners Mellor filmeMellor directoresquerda|senmarco|29x29pxOne Battle After Another – Adam Somner, Sara Murphy e Paul Thomas Anderson Bugonia – Ed Guiney, Andrew Lowe, Yorgos Lanthimos, Emma Stone e Lars Knudsen F1 – Chad Oman, Brad Pitt, Dede Gardner, Jeremy Kleiner, Joseph Kosinski e Jerry Bruckheimer Frankenstein – Guillermo del Toro, J. Miles Dale e Scott Stuber Hamnet – Liza Marshall, Pippa Harris, Nicolas Gonda, Steven Spielberg e Sam Mendes Marty Supreme – Eli Bush, Ronald Bronstein, Josh Safdie, Anthony Katagas, and Timothée Chalamet O Agente Secreto – Emilie Lesclaux Affeksjonsverdi – Maria Ekerhovd e Andrea Berentsen Ottmar Sinners – Zinzi Coogler, Sev Ohanian e Ryan Coogler Train Dreams – Marissa McMahon, Teddy Schwarzman, Will Janowitz, Ashley Schlaifer e Michael Heimler | width="50%" valign="top" |esquerda|senmarco|29x29pxPaul Thomas Anderson – One Battle After Another Chloé Zhao – Hamnet Josh Safdie – Marty Supreme Joachim Trier – Affeksjonsverdi Ryan Coogler – SinnersMellor actorMellor actrizesquerda|senmarco|29x29pxMichael B. Jordan – Sinners como Elijah "Smoke" Moore / Elias "Stack" Moore Timothée Chalamet – Marty Supreme como Marty Mauser Leonardo DiCaprio – One Battle After Another como Bob Ferguson Ethan Hawke – Blue Moon como Lorenz Hart Wagner Moura – O Agente Secreto como Armando Solimões / Marcelo Alves / Fernando Solimõesesquerda|senmarco|29x29pxJessie Buckley – Hamnet como Agnes Shakespeare Rose Byrne – If I Had Legs I'd Kick You como Linda Kate Hudson – Song Sung Blue como Claire Sardina Renate Reinsve – Affeksjonsverdi como Nora Borg Emma Stone – Bugonia como Michelle FullerMellor actor secundarioMellor actriz secundariaesquerda|senmarco|29x29pxSean Penn – One Battle After Another como Col. Steven J. Lockjaw Benicio del Toro – One Battle After Another como Sensei Sergio St. Carlos Jacob Elordi – Frankenstein como A Criatura Delroy Lindo – Sinners como Delta Slim Stellan Skarsgård – Affeksjonsverdi como Gustav Borgesquerda|senmarco|29x29pxAmy Madigan – Weapons como Gladys Elle Fanning – Affeksjonsverdi como Rachel Kemp Inga Ibsdotter Lilleaas – Affeksjonsverdi como Agnes Borg Pettersen Wunmi Mosaku – Sinners como Annie Teyana Taylor – One Battle After Another como Perfidia Beverly HillsMellor guión orixinalMellor guión adaptadoesquerda|senmarco|29x29pxSinners – Ryan Coogler Blue Moon – Robert Kaplow Un simple accident – Jafar Panahi; en colaboración con Nader Saïvar, Shadmehr Rastin e Mehdi Mahmoudian Marty Supreme – Ronald Bronstein eJosh Safdie Affeksjonsverdi – Eskil Vogt e Joachim Trieresquerda|senmarco|29x29pxOne Battle After Another – Paul Thomas Anderson; baseado na novela Vineland de Thomas Pynchon Bugonia – Will Tracy; baseado no filme Save the Green Planet! de Jang Joon-hwan Frankenstein – Guillermo del Toro; baseado na novela de Mary Shelley Hamnet – Chloé Zhao e Maggie O'Farrell; baseado na novela de Maggie O'Farrell Train Dreams – Clint Bentley e Greg Kwedar; baseado na novela curta de Denis JohnsonMellor filme de animaciónMellor filme internacionalesquerda|senmarco|29x29pxAs guerreiras K-Pop – Maggie Kang, Chris Appelhans e Michelle L.M. Wong Arco – Ugo Bienvenu, Félix de Givry, Sophie Mas e Natalie Portman Elio – Madeline Sharafian, Domee Shi, Adrian Molina e Mary Alice Drumm Amélie et la métaphysique des tubes – Maïlys Vallade, Liane-Cho Han, Nidia Santiago e Henri Magalon Zootopia 2 – Jared Bush, Byron Howard e Yvett Merinoesquerda|senmarco|29x29pxAffeksjonsverdi (Noruega) en noruegués e inglés – dirixido por Joachim Trier Un simple accident (Francia) en persa e azerí – dirixido por Jafar Panahi O Agente Secreto (Brasil) en portugués e alemán – dirixido por Kleber Mendonça Filho Sirāt (España) en castelán, francés e árabe – dirixido por Óliver Laxe Ṣawt Hind Rajab (Tunisia) en árabe – dirixido por Kaouther Ben HaniaMellor documentalMellor curtametraxe documentalesquerda|senmarco|29x29pxMr Nobody Against Putin – David Borenstein, Pavel Talankin, Helle Faber e Alžběta Karásková The Alabama Solution – Andrew Jarecki e Charlotte Kaufman Come See Me in the Good Light – Ryan White, Jessica Hargrave, Tig Notaro e Stef Willen Cutting Through Rocks – Sara Khaki and Mohammadreza Eyni The Perfect Neighbor – Geeta Gandbhir, Alisa Payne, Nikon Kwantu e Sam Bisbeeesquerda|senmarco|29x29pxAll the Empty Rooms – Joshua Seftel e Conall Jones Armed Only with a Camera: The Life and Death of Brent Renaud – Craig Renaud e Juan Arredondo Children No More: "Were and Are Gone" – Hilla Medalia e Sheila Nevins The Devil Is Busy – Christalyn Hampton e Geeta Gandbhir Perfectly a Strangeness – Alison McAlpineMellor curtametraxe de acción en vivoMellor curtametraxe animadaesquerda|senmarco|29x29pxThe Singers – Sam A. Davis e Jack Piattesquerda|senmarco|29x29pxDeux personnes échangeant de la salive – Alexandre Singh e Natalie Musteata Butcher's Stain – Meyer Levinson-Blount e Oron Caspi A Friend of Dorothy – Lee Knight e James Dean Jane Austen's Period Drama – Julia Aks e Steve Pinderesquerda|senmarco|29x29pxThe Girl Who Cried Pearls – Chris Lavis e Maciek Szczerbowski Papillon – Florence Miailhe e Ron Dyens Forevergreen – Nathan Engelhardt e Jeremy Spears Retirement Plan – John Kelly e Andrew Freedman The Three Sisters – Konstantin BronzitMellor banda sonoraMellor canción orixinalesquerda|senmarco|29x29pxSinners – Ludwig Göransson Bugonia – Jerskin Fendrix Frankenstein – Alexandre Desplat Hamnet – Max Richter One Battle After Another – Jonny Greenwoodesquerda|senmarco|29x29px"Golden" de As guerreiras K-Pop – Música e letra de Ejae, Mark Sonnenblick, 24, Ido e Teddy Park "Dear Me" de Diane Warren: Relentless – Música e letra de Diane Warren "I Lied to You" de Sinners – Música e letra de Raphael Saadiq e Ludwig Göransson "Sweet Dreams of Joy" de Viva Verdi! – Música e letra de Nicholas Pike "Train Dreams" de Train Dreams – Música de Nick Cave e Bryce Dessner; letra de Nick CaveMellor deseño de produciónMellor fotografíaesquerda|senmarco|29x29pxFrankenstein – Deseño de produción: Tamara Deverell; decorados: Shane Vieau Hamnet – Deseño de produción: Fiona Crombie; decorados: Alice Felton Marty Supreme – Deseño de produción: Jack Fisk; decorados: Adam Willis One Battle After Another – Deseño de produción: Florencia Martin; decorados: Anthony Carlino Sinners – Deseño de produción: Hannah Beachler; decorados: Monique Champagneesquerda|senmarco|29x29pxSinners – Autumn Durald Arkapaw Frankenstein – Dan Laustsen Marty Supreme – Darius Khondji One Battle After Another – Michael Bauman Train Dreams – Adolpho VelosoMellor maquillaxeMellor deseño de vestiarioesquerda|senmarco|29x29pxFrankenstein – Mike Hill, Jordan Samuel e Cliona Furey Kokuho – Kyoko Toyokawa, Naomi Hibino e Tadashi Nishimatsu