Vopisco Xulio Xulo (en Vopiscus Iulius C. F. L. N. Iullus) foi un maxistrado romano do século -V. Formaba parte da gens Xulia e era fillo do cónsul do -489 Gaio Xulio Xulo e irmán do cónsul do -482 Gaio Xulio Xulo. Traxectoria Chegou ao consulado no -473 xunto con Lucio Emilio Mamerco. Tito Livio dá a Opiter Virxinio Tricosto como cónsul dese ano, pero di que nalgúns anais atopara o nome Vopisco Xulio en lugar de Verxino. Ese ano houbo conflitos graves: o asasinato do tribuno Xenucio e os disturbios que seguiron. Os cónsules procederon ao recrutamento forzoso ata que se intentou obrigar a Volerón Publilio a servir como soldado, cando anteriormente fora centurión, e entón estalou unha revolta xeral que derrocou aos cónsules.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de cónsules romanos da República
Categoría:Gens Xulia Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século -VI Categoría:Finados no século -V Categoría:Nados en Roma Categoría:Cónsules da República romana