Marta Estévez Ansede, máis coñecida como Marta Estevez, nada en Vigo en 1972, é unha docente e escritora galega en lingua castelá. Reside en Santiago de Compostela.

Traxectoria

É licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela.

Foi finalista no Premio Azorín (2019) e cuarta finalista no Premio Planeta (2021).

Deuse a coñecer con El secreto de las hermanas Asorey (2023): o 14 de abril do 1931, coincide coa morte do prestixioso doutor Asorey en Santiago de Compostela e co asasinato da lavandeira que se ocupaba de facer a bogada na casa del. Seguiu con La tercera orilla (2024): o barco de Ulises, en plena pandemia do 2020, retorna á illa na que pasou aquel inesquecible verán da súa infancia xunta os seus avós, na dura década do 1980. A década da heroína, a década da sida, a década do retorno de moitos galegos emigrantes a Venezuela.

É a creadora do blog Sweet & Home.

Obras

El secreto de las hermanas Asorey (2023). Plaza & Janés. 378 páxs. ISBN 9788401030871. O segredo das irmás Asorey (2024). Allariz: Aira. 372 páxs. ISBN. Inaugurou a colección Emilia da editora. La tercera orilla (2024). Plaza $ Janés. 296 páxs. ISBN 9788401033407. As tres beiras (2025). Allariz: Aira. 328 páxs. ISBN 979-13-990546-9-9.

Notas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1972 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Novelistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela