A Knight of the Seven Kingdoms é unha serie de televisión estadounidense de fantasía dramática creada por Ira Parker e George R. R. Martin. Precuela de Game of Thrones (2011–2019), é a terceira serie de televisión da franquía A Song of Ice and Fire de Martin e unha adaptación da serie de novelas curtas Tales of Dunk and Egg, que comeza con The Hedge Knight. Está protagonizada por Peter Claffey como Ser Duncan "Dunk" the Tall, o cabaleiro andante, e Dexter Sol Ansell como o seu escudeiro Aegon "Egg" Targaryen.

A serie estreouse o 18 de xaneiro de 2026 en HBO e constará de seis episodios. En novembro de 2025, antes da estrea da primeira tempada, a serie foi renovada para unha segunda tempada, que se espera que se estree en 2027.

Elenco e personaxes Principal Peter Claffey como Ser Duncan the Tall / "Dunk". Bamber Todd como Dunk (de mozo). Dexter Sol Ansell como Aegon Targaryen "Egg".

Secundario Daniel Ings como Ser Lyonel Baratheon. Shaun Thomas como Raymun Fossoway. Tanzyn Crawford como Tanselle. Danny Webb como Ser Arlan of Pennytree. Henry Ashton como o príncipe Daeron "The Drunken" Targaryen. Daniel Monks como Ser Manfred Dondarrion. Tom Vaughan-Lawlor como Plummer. Carla Harrison-Hodge como Beony. Rowan Robinson como Red. Edward Ashley como Ser Steffon Fossoway. Danny Collins como Ser Humfrey Beesbury. Ross Anderson como Ser Humfrey Hardyng. Finn Bennett como o príncipe Aerion "Brightflame" Targaryen. Bertie Carvel como o príncipe Baelor "Breakspear" Targaryen. Sam Spruell como o príncipe Maekar Targaryen. Youssef Kerkour como Steely Pate. Steve Wall como Lord Leo "Longthorn" Tyrell.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2026 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión da HBO