Sunniva (en , do ), nada no século X, é a santa patroa da diocese de Bjørgvin, pertencente á Igrexa de Noruega, así como do oeste de Noruega.

Sunniva era venerada xunto co seu irmán Alban, que na tradición norueguesa se identifica con Albano de Verulamio, un santo británico da época romana.

Lenda Fontes A principal haxiografía latina de Alban e Sunniva é a Acta sanctorum in Selio, composta pouco despois de 1170. Oddr Snorrason usouna para compoñer o relato Albani þáttr ok Sunnifu (en ), unha sección da súa saga Óláfs saga Tryggvasonar (en ), e o Seljumanna þáttr. A obra orixinal de Oddr estaba tamén en latín, mais só sobreviviu en traducións islandesas. A lenda aparece tamén nunha escolma posterior, Óláfs saga Tryggvasonar en mesta, baseada directamente no Acta sanctorum in Selio. É probable que date tamén do século XII.

Contidos Segundo a lenda, Sunniva era a herdeira dun reino irlandés que tivo que fuxir da illa para non casar cun caudillo viquingo invasor. Así, xunto co seu irmán Alban (versións posteriores engaden a dúas irmás, Borni e Marita) e os seus seguidores asentouse nas illas deshabitadas de Selja e Kinn, na costa norueguesa. Porén, no territorio continental gobernaba o jarl pagán Hákon Sigurðarson (r. 962-995). A poboación veciña comezou a sospeitar que os cristiáns lles furtaban as ovellas, polo que se queixaron perante o seu monarca. Sigurðarson viaxou até Selja cunha tropa armada, coa intención de asasinar os seus residentes. Cando os irlandeses se decataron da situación agocháronse nas covas próximas e rezaron ó seu deus para que colapsase as cavernas, evitándolles a furia dos viquingos. Así sucedeu, e todos os cristiáns faleceron sepultados.

A historia continúa con dous gandeiros, Tord Eigileivsson e Tord Jorunsson, que de camiño a Trondheim fondearon en Selja para pasar a noite. Alí, enxergaron unha luz sobrenatural que coruscaba sobre a illa e atoparon unha branca caveira de doce arrecendo. Ó chegar a Trondheim, narraron a súa experiencia a Ólaf Tryggvason e mais ó bispo Sigurd. Tras varios relatos similares doutros testemuños, o rei e o bispo presentáronse no lugar, onde encontraron múltiples ósos cun olor doce. Escavando nas covas recuperaron o corpo incorrupto de Sunniva, que semellaba durmida. Os restos óseos gardáronse nun cadaleito, namentres a santa se conservou nun templo de madeira.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados no século X Categoría:Nados no século X Categoría:Santos do cristianismo