Arnold Schwede, nado en Königsberg o 31 de xullo de 1937 e finado en Paderborn o 9 de xaneiro de 2020, foi un enxeñeiro, numismático e autor alemán.
Traxectoria Schwede naceu o 31 de xullo de 1937 na cidade prusiana de Königsberg, a actual Kaliningrado, en territorio ruso, e pasou a súa infancia en Münster.Dethlefs, G. (2020).
A súa actividade profesional centrouse na enxeñaría civil, traballando para a Asociación Rexional de Westfalia-Lippe en proxectos de construción de estradas na Westfalia oriental.Dethlefs, G. (2020). Esta dedicación fixo que asentase a súa residencia en Paderborn, Renania do Norte-Westfalia.
Máis a relevancia da súa figura xira arredor dos seus estudos e as súas investigacións en materia numismática. En 1978 Iniciouse como coleccionista numismático, e a súa importante colección persoal de moedas cuñadas en Paderborn pasou posteriormente a formar parte dos fondos do Museo Diocesano Arcebispal.
Schwede actuou como asesor na publicación e nas exposicións e outras actividades de difusión da colección de moedas do Volsbank de Paderborn. Esta entidade bancaria foi moi salientable no seu labor como estudoso, xa que financiou algunhas das súas publicacións e moitas das súas viaxes aos principais gabinetes numismáticos europeos, sinaladamente despois da súa xubilación, cando se dedicou de cheo á investigación numismática, en ocasións colaborando co numismático Peter Ilisch.
No ámbito asociativo e das sociedades eruditas, Schwede foi un dos fundadores da Asociación de Coleccionistas de Moedas de Paderborn, e a partir de 1983 foi membro da xunta directiva da sección de Paderborn da Asociación para a Historia e as Antigüidades de Westfalia, na que actuou como conservador numismático. Tamén foi o segundo presidente da Asociación de Coleccionistas de Moedas de Westfalia, entidade que o nomeou membro honorario logo de abandonar aquel cargo en 2016.
Arnold Schwede finou en Paderborn o 9 de xaneiro de 2020, aos 82 anos.
Recoñecementos
2007: Premio Eligiuspreis, da Sociedade Numismática Alemá (Deutsche Numismatische Gesellschaft)."Eligiuspreis der DNG". Deutsche Numismatische Gesellschaft (dng-nnb.de)."Eligiuspreis 2007". Deutsche Numismatische Gesellschaft (dng-nnb.de).
Publicacións Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Arnold Schwede ao longo da súa traxectoria:.
(1999). Der heilige Liborius auf Münzen und Medaillen ["San Liborio en moedas e medallas"]. Volksbank Paderborn, Paderborn. (2004). Das Münzwesen im Hochstift Paderborn 1566-1803 ["A ceca no bispado de Paderborn 1566-1803"]. Bonifatius, Paderborn. ISBN 3-89710-270-6 (2005). Medaillen, Plaketten und Abzeichen aus dem Paderborner und Corveyer Land bis 1945 ["Medallas, placas e insignias das rexións de Paderborn e Corvey ata 1945"]. Volksbank Paderborn-Höxter, Paderborn. ISBN 3-9810556-0-8 (2007). Das Münzwesen im Stift Corvey 1541-1794 ["A ceca no mosteiro de Corvey 1541-1794"] (con P. Ilisch). Bonifatius, Paderborn. ISBN 978-3-89710-382-5 (2012). Das Münzwesen in der Reichsgrafschaft Rietberg ["A ceca no Condado Imperial de Rietberg"]. Bonifatius, Paderborn. ISBN 978-3-89710-517-1 (2013). Medaillen, Plaketten und Abzeichen aus dem Paderborner und Corveyer Land von 1946 bis 2010 ["Medallas, placas e insignias das rexións de Paderborn e Corvey de 1946 a 2010"]. Volksbank Paderborn-Höxter, Paderborn. ISBN 3981055667 (2015). Das Marsberger Münzwesen in der Neuzeit (1605-1650) ["O sistema monetario de Marsberg na época moderna (1605-1650)"]. Bonifatius, Paderborn. ISBN 978-3-89710-640-6 (2016). Das Münzwesen der Grafen und Fürsten zur Lippe 1528-1913 ["A ceca dos condes e príncipes de Lippe 1528-1913"]. (con H. Ihl). 2 Bände. Bonifatius, Paderborn. ISBN 978-3-89710-641-3
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Dethlefs, G. (2017). "Personalia: Arnold Schwede zum 80. Geburtstag". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Nº 8. Agosto. Páxinas 310-311. Dethlefs, G. (2020). "Personalia: Arnold Schwede (1937-2020)". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Nº. 3. Marzo. Páxina 115.
Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en Kaliningrado Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Galardoados co Eligiuspreis Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Personalidades sen imaxes