Respira (en ) é un filme australiano de drama deportivo de 2017 dirixido por Simon Baker. Baséase na novela homónima de 2008 de Tim Winton, e o guión é obra de Baker, Winton e Gerard Lee. Baker tamén protagoniza o filme xunto con Elizabeth Debicki, Samson Coulter, Ben Spence e Richard Roxburgh.

Estreouse en galego o 29 de outubro de 2025 a través da TVG.

Sinopse Na década de 1970, dous surfistas adolescentes que medran nunha pequena vila, Pikelet e Loonie, coñecen e estabelecen unha conexión cun surfista máis vello chamado Sando, quen os desafía a correr riscos maiores.

Personaxes Simon Baker como Sando Elizabeth Debicki como Eva Samson Coulter como Pikelet Ben Spence como Loonie Richard Roxburgh como Mr Pike Rachael Blake como Mrs Pike Jacek Koman como Karl Loon

Notas

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes ambientados en Australia Categoría:Filmes de 2017 con versión en galego