Wallace e Gromit: A aventura espacial (en ) é unha curtametraxe británica de animación en stop motion de 1989. É a primeira entrega da serie Wallace e Gromit. Foi dirixida, animada e coescrita por Nick Park e o National Film and Television School en Beaconsfield e Aardman Animations en Bristol.Wallace e Gromit: A aventura espacial estreouse o 4 de novembro de 1989 no festival de animación da Arnolfini Gallery, en Bristol. Emitiuse no Nadal de 1990 en Channel 4. O filme recibiu a aclamación da crítica e tivo novos títulos con Wallace e Gromit: Os pantalóns trabucados (1993), Wallace e Gromit: Polos pelos (1995), The Curse of the Were-Rabbit (2005), A Matter of Loaf and Death (2008) e Vengeance Most Fowl'' (2024). Foi nomeado ao Óscar á mellor curtametraxe animada na 63ª edición dos premios.
Estreouse en galego en liña o 29 de decembro de 2025 na plataforma do Xabarín Club.
Sinopse O filme céntrase no excéntrico pero afable inventor Wallace (voz de Peter Sallis) e o seu can, mudo pero intelixente, Gromit, que deciden construír un foguete caseiro e facer unha viaxe á Lúa na procura de queixo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 1989 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos Nick Park Categoría:Filmes independentes do Reino Unido Categoría:Xabarín Club Categoría:Filmes de 1989 con versión en galego