Nuria Mosqueira Varela, nada en Culleredo en 1989, é unha poeta galega.

Traxectoria Estudou Belas Artes na Universidade de Salamanca, fixo os Mestrados de Arte e Creación na Complutense de Madrid e de Profesorado na Universidade da Coruña e un posgrao en Montaxe Audiovisual na Pompeu Fabra de Barcelona. Como guionista, obtivo subvencións de Agadic para escrita de longametraxe (2017) e a realización de curtametraxe (2019). Traballa como docente de debuxo e cor na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense. En 2025 gañou o VI Premio de Poesía Filomena Dato coa obra Oito Días.Nuria Mosqueira Varela recibe o VI Premio de Poesía Filomena Dato do Concello de Bergondo

Premios Certame Jóvenes Creadores 2014. Terceiro premio de poesía en Xuventude Crea, 2014. 2025: VI premio de poesía Filomena Dato, por Oito Días. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Nuria Mosqueira Varela

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Culleredo Categoría:Nados en 1989