Jorge Cuesta Bello, nado o 7 de decembro de 1984 en Vigo, é un adestrador de fútbol galego. Actualmente dirixe o Club Deportivo Arenteiro, na Primeira Federación.
Traxectoria
Naceu o 7 de decembro de 1984 en Vigo. Tras licenciarse en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, comezou a traballar como preparador físico no Pontevedra Club de Fútbol. No ano 2009 foi contratado como adestrador nas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo e dirixiu diferentes equipos nas divisións de cadetes e xuvenís. En xuño de 2017 foi nomeado adestrador do primeiro equipo xuvenil do Celta e liderou o conxunto durante catro tempadas na División de Honra Xuvenil.
O 18 de xuño de 2021, Cuesta finalizou o seu contrato co Celta e trasladouse á China para adestrar os equipos sub-18 e sub-19 do Wuhan Three Towns Football Club durante dous anos. O 16 de xuño de 2023 regresou a Galicia para dirixir a Sociedade Deportiva Sarriana na primeira tempada do club en Terceira Federación. Baixo o seu liderado, o equipo xogou a promoción de ascenso a Segunda Federación 2024, aínda que finalmente a Sarriana non logrou o obxectivo ao caer eliminada ante o Gran Peña.
O 6 de xuño de 2024, Cuesta foi fichado polo Bergantiños Fútbol Club para dirixir o equipo en Segunda Federación. A pesar de finalizar a tempada 2024/25 en oitava posición, non chegou a un acordo para a renovación do contrato e o 5 de xuño de 2025 abandonou o club. O 17 de novembro de 2025 comezou a adestrar o CD Arenteiro para a súa campaña 2025/26 na Primeira Federación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Jorge Cuesta en LaPreferente Jorge Cuesta en BDFutbol
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Adestradores do Bergantiños FC Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia